CALENDARIO DA FASE DE ASCENSO DO BERGANTIÑOS FC, QUE COMEZA ESTE DOMINGO VISITANDO O SÁRDOMA CF “B”.

As bergantiñistas comezan a liguiña fora e acaban na casa.

 

Xa ten rivais para a Fase de ascenso e título de campionas galegas o Bergantiños FC, e son : Atlético Arousana, CD Lugo, Lóstrego CF, SD O Val, e Sárdoma CF. A liga que constará de 10 xornadas, comeza este vindeiro Domingo 20 de Marzal, e rematará o 29 de Maio.

Este vindeiro  Domingo 20 de Marzal o Bergantiños FC visita ao Sárdoma CF a partires das 12:30 horas no campo “As Relfas”, con céspede artificial. O equipo vigués sumou no Grupo B da 1ª División Galega Feminina 32 puntos na 1ª Fase, de 10 encontros gañados, 2 empatados, e 4 perdidos, quedando na 3ª posición. Un equipo que ve porta con facilidade, e que sumou 70 goles a favor e encaixou 21.

No seu derradeiro encontro caía ante o lider, Lóstrego CF, que quedaba campión cos 16 encontros disputados gañados, con 70 goles a favor e tan só 2 en contra. Este será o primeiro visitante nas Eiroas nesta fase de ascenso.

 

CALENDARIO

-Texto e Montaxe : piratasdemuxia

-Foto : Bergantiños FC/La Voz de Galicia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies