CALENDARIO DA 3ª DA COSTA 2022/23 QUE COMEZA O 25 DE SETEMBRO E VOLVE A SER UNHA LIGA.

 

Despois de moitos anos de desprezo e maltrato deportivo, e gracias a desfeita do ano pasado na Liga da Costa, polo asqueroso sistema de competición, (6 descensos), desta volta a 3ª da Costa, que chegou a ter nos derradeiros anos, 4 voltas, 3 voltas, fase de ascenso, tras xogarse a liga completa…volve a ser unha liga atractiva.

Son 14 os equipos que se xogarán duas prazas de ascenso trala disputa de 26 xornadas. 

A competición comeza o 25 de Setembro, (unha semana despois da Liga da Costa), e remata o 26 de Febreiro.

 

Calendario completo : PREME AQUÍ

 

Os encontros xogaranse os Domingos, no horario que decida o clube que xoga como local, o cal ten que comunicarllo a RFGF antes das 18:00 horas do martes anterior o encontro.

No caso de non haber comunicación, os choques serán no horario oficial do ente deportivo galego.

-Setembro, Abril, Maio e Xuño : 17:00 horas

-Outubro e Marzal : 16:30

-Novembro e Febreiro: 16:15

-Decembro e Xaneiro : 16:00

-Foto e Texto : piratasdemuxia