CALENDARIO “COPA DEPUTACIÓN DA CORUÑA 2019”

 

Sorteado o calendario da “Copa Deputación 2019”

Sorteouse o cadro de enfrontamentos da “Copa Deputación 2019” e nela os emparellamentos antre equipos costeiros danlle un aliciante maior de cara a expectación do noso fútbol.

O CD Baio terá como rival ao Xallas FC, a SCDR Esteirana ao CF Dumbría o SD Soneira ao SD Sofán, e o único que non terá rival costeiro é o SD Fisterra que recibe no Ara Solis ao SD Esclavitude. Tódolos encontros o vindeiro Domingo 28 de Xullo. Nos Dazaseisavos que será o mércores 31 de Xullo esperan os equipos da 3ª División.

CADRO DE ENFRONTAMENTOS

 

 

Así será a Copa DEPUTACIÓN 2019 

O 28 de Julio terán lugar a Primeira Eliminatoria, onde participarán todos os conxuntos de Primeira Galicia (33 equipos) e 11 equipos de Preferente Galicia, emparellándose na medida do posible entre equipos da mesma comarca, quedando exentos 2 equipos de Preferente Galicia, 7 equipos de Terceira División e 1 equipo de Segunda División “ B”.
O 31 de Julio os gañadores da primeira eliminatoria disputarán os Dezaseisavos de Final, onde incorporaranse os equipos exentos da primeira rolda. Tentarase ata onde sexa posible que os equipos da Primeira Galicia mídanse a un de categoría superior no campo dos primeiros.
O 4 de Agosto disputaranse os Oitavos de Final, sendo os Cuartos de Final o 7 de Agosto. As Semifinais están previstas para o 11 de Agosto.
Todas estas eliminatorias serán por sorteo, disputándose no caso de que o houbese no campo do equipo de menor categoría.
A gran Final da Copa Deputación da Coruña 2019 terá lugar o 14 de Agosto, en horario e sede aínda por determinar.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es