Calendario completo exclusivo dos equipos da Costa, (Muxía, Xallas, Castriz e San Lorenzo), da Primeira Futgal G2-2026/27, e toda a información sobre a liga.

Primeira Futgal Grupo 2
-2026/27-
Sorteouse o calendario da Primeira Futgal G2 na que este ano teremos 4 equipos, un menos co ano pasado xa que baixaron 3, SD Fisterra, Camariñas FC e SCDR Esteirana e subiron dous. Neste calendario tremosvos os enfrontamentos de tódalas xornadas dos equipos costeiros e en maiuscula tódolos derbis. O noso desexo de que todos acaden con éxito a tempada 2026/27 para que siga aumentando o número de equipos desta categoría e que se reduce sexa por asensos a Preferente Norte.

Plan Competicional

A liga comeza a fin de semana do 6 de setembro e remata na do 16 de maio do 2027 tras 34 xornadas.

O campión de cada un dos grupos da Primeira Futgal conseguirá o ascenso directo á Preferente Futgal.

Os segundos clasificados disputarán unha eliminatoria de promoción de ascenso, da que sairán os equipos que completarán as prazas dispoñibles para subir de categoría.

Na parte baixa da clasificación, os tres últimos clasificados de cada grupo descenderán de forma directa á Segunda Futgal.

A maiores, a Real Federación Galega de Fútbol advirte que, como adoita a pasar moitas veces, poderían producirse máis descensos polo denominado efecto arrastre. Esta circunstancia darase se o descenso de equipos galegos desde categorías superiores obriga a aumentar o número de equipos que baixan da Preferente á Primeira Futgal. Nese caso, tamén se incrementarían os descensos na Primeira Futgal para manter a composición das categorías.

Se houbese que determinar que equipos descenden por ese efecto arrastre, a RFGF comparará aos clubs dos distintos grupos seguindo varios criterios: a posición na clasificación, a media de puntos por partido, a diferenza de goles, os goles marcados, o coeficiente de deportividade e, se fose necesario, un sorteo. O final deste artigo tedes o apartado de “Observacións” que emite co calendario a RFGF.

-Equipos participantes-

CF Muxía

Xallas FC

SD San Lorenzo

SD Castriz

Sporting Meicende
Bertamiráns FC
Club do Mar
Vizoño SD
SD Tordoia
Sporting Cambre
SR Calo
Praíña Sporting Club
SD Cacheiras
CCD Queixas
Racing San Lorenzo
Bastavales UD
SD Luaña
Boimorto CF

-CALENDARIO EQUIPOS DA COSTA-

Xornada 1 (6 de setembro)

CF Muxía – Bertamiráns FC
Bastavales UD – Xallas FC
SR Calo – SD San Lorenzo
Praíña Sporting Club – SD Castriz

Xornada 2 (13 de setembro)

XALLAS FC – CF MUXÍA
SD San Lorenzo – CCD Queixas
SD Castriz – SR Calo

Xornada 3 (20 de setembro)

Bertamiráns FC – Xallas FC
CF Muxía – SD Tordoia
Bastavales UD – SD San Lorenzo
CCD Queixas – SD Castriz

Xornada 4 (27 de setembro)

SD SAN LORENZO – CF MUXÍA 
Xallas FC – Boimorto CF
SD Castriz – Bastavales UD

Xornada 5 (4 de outubro)

Xallas FC – SD Tordoia
Bertamiráns FC – SD San Lorenzo
CF MUXÍA – SD CASTRIZ 

Xornada 6 (11 de outubro)

SD SAN LORENZO – XALLAS FC 
SD Castriz – Bertamiráns FC
SD Cacheiras – CF Muxía

Xornada 7 (18 de outubro)

SD Tordoia – SD San Lorenzo
XALLAS FC – SD CASTRIZ 
CF Muxía – Racing San Lorenzo

Xornada 8 (25 de outubro)

SD San Lorenzo – Boimorto CF
SD Castriz – SD Tordoia
SD Cacheiras – Xallas FC
SD Luaña – CF Muxía

Xornada 9 (1 de novembro)

SD SAN LORENZO – SD CASTRIZ
Xallas FC – Racing San Lorenzo
CF Muxía – Sporting Meicende

Xornada 10 (8 de novembro)

SD Castriz – Boimorto CF
SD Cacheiras – SD San Lorenzo
SD Luaña – Xallas FC
Club do Mar – CF Muxía

Xornada 11 (15 de novembro)

SD Castriz – SD Cacheiras
SD San Lorenzo – Racing San Lorenzo
Xallas FC – Sporting Meicende
CF Muxía – Vizoño SD

Xornada 12 (22 de novembro)

Racing San Lorenzo – SD Castriz
SD Luaña – SD San Lorenzo
Club do Mar – Xallas FC
Sporting Cambre – CF Muxía

Xornada 13 (29 de novembro)

SD Castriz – SD Luaña
SD San Lorenzo – Sporting Meicende
Xallas FC – Vizoño SD
CF Muxía – Praíña Sporting Club

Xornada 14 (6 de decembro)

Club do Mar – SD San Lorenzo
Sporting Cambre – Xallas FC
SR Calo – CF Muxía

Xornada 15 (13 de decembro)

SD Castriz – Club do Mar
SD San Lorenzo – Vizoño SD
Xallas FC – Praíña Sporting Club
CF Muxía – CCD Queixas

Xornada 16 (20 de decembro)

Vizoño SD – SD Castriz
Sporting Cambre – SD San Lorenzo
SR Calo – Xallas FC
Bastavales UD – CF Muxía

Xornada 17 (10 de xaneiro 2027)

SD Castriz – Sporting Cambre
SD San Lorenzo – Praíña Sporting Club
Xallas FC – CCD Queixas
CF Muxía – Boimorto CF

-SEGUNDA VOLTA-

Xornada 18 (17 de xaneiro)

Bertamiráns FC – CF Muxía
Xallas FC – Bastavales UD
SD San Lorenzo – SR Calo
SD Castriz – Praíña Sporting Club

Xornada 19 (24 de xaneiro)

CF MUXÍA – XALLAS FC
CCD Queixas – SD San Lorenzo
SR Calo – SD Castriz

Xornada 20 (31 de xaneiro)

Xallas FC – Bertamiráns FC
SD Tordoia – CF Muxía
SD San Lorenzo – Bastavales UD
SD Castriz – CCD Queixas

Xornada 21 (7 de febreiro)

CF MUXÍA – SD SAN LORENZO 
Bastavales UD – SD Castriz
Boimorto CF – Xallas FC

Xornada 22 (14 de febreiro)

SD Tordoia – Xallas FC
SD San Lorenzo – Bertamiráns FC
SD CASTRIZ – CF MUXÍA 

Xornada 23 (21 de febreiro)

XALLAS FC – SD SAN LORENZO 
Bertamiráns FC – SD Castriz
CF Muxía – SD Cacheiras

Xornada 24 (28 de febreiro)

SD San Lorenzo – SD Tordoia
SD CASTRIZ – XALLAS FC
Racing San Lorenzo – CF Muxía

Xornada 25 (7 de marzo)

Boimorto CF – SD San Lorenzo
SD Tordoia – SD Castriz
Xallas FC – SD Cacheiras
CF Muxía – SD Luaña

Xornada 26 (14 de marzo)

SD CASTRIZ – SD SAN LORENZO
Racing San Lorenzo – Xallas FC
Sporting Meicende – CF Muxía

Xornada 27 (21 de marzo)

Boimorto CF – SD Castriz
SD San Lorenzo – SD Cacheiras
Xallas FC – SD Luaña
CF Muxía – Club do Mar

Xornada 28 (4 de abril)

SD Cacheiras – SD Castriz
Racing San Lorenzo – SD San Lorenzo
Sporting Meicende – Xallas FC
Vizoño SD – CF Muxía

Xornada 29 (11 de abril)

SD Castriz – Racing San Lorenzo
SD San Lorenzo – SD Luaña
Xallas FC – Club do Mar
CF Muxía – Sporting Cambre

Xornada 30 (18 de abril)

SD Luaña – SD Castriz
Sporting Meicende – SD San Lorenzo
Vizoño SD – Xallas FC
Praíña Sporting Club – CF Muxía

Xornada 31 (25 de abril)

SD Castriz – Sporting Meicende
SD San Lorenzo – Club do Mar
Xallas FC – Sporting Cambre
CF Muxía – SR Calo

Xornada 32 (2 de maio)

Club do Mar – SD Castriz
Vizoño SD – SD San Lorenzo
Praíña Sporting Club – Xallas FC
CCD Queixas – CF Muxía

Xornada 33 (9 de maio)

SD Castriz – Vizoño SD
SD San Lorenzo – Sporting Cambre
Xallas FC – SR Calo
CF Muxía – Bastavales UD

Xornada 34 (16 de maio)

Sporting Cambre – SD Castriz
Praíña Sporting Club – SD San Lorenzo
CCD Queixas – Xallas FC
Boimorto CF – CF Muxía

-Observacións da RFGF-

A Real Federación Galega de Fútbol contempla a posibilidade de que durante a tempada se produza o denominado “efecto arrastre”. Este escenario daríase se, unha vez confirmados os ascensos e descensos deportivos, aumentase o número de equipos que baixan desde categorías superiores.

Se algún conxunto galego descende da Segunda Federación á Terceira Federación, iso podería provocar un maior número de descensos desde a Preferente Futgal á Primeira Futgal. Como consecuencia, para manter o número de equipos previsto na categoría, tamén se incrementarían os descensos na Primeira Futgal.

Os equipos afectados por ese efecto arrastre decidiranse segundo o artigo 201.6 do Regulamento Xeral da RFGF. Para establecer que clubs teñen mellor ou peor dereito entre os distintos grupos da categoría terase en conta, por esta orde, a posición final na clasificación, a media de puntos obtida por partido, a diferenza de goles, o número de goles marcados, o coeficiente de deportividade (fair play) e, se persistise o empate, realizaríase un sorteo.

Por outra banda, a Federación confirma que na tempada 2027/28 a Preferente Futgal manterá a súa estrutura de seis grupos de dezaoito equipos.

Ademais, a composición dos grupos da Primeira Futgal continuará realizándose segundo criterios técnicos establecidos pola Comisión Deportiva da RFGF, deixando atrás o tradicional criterio provincial, tal e como foi aprobado pola Asemblea Xeral da Federación no acordo adoptado o 10 de agosto de 2023.

-Información : RFGF

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”