CALENDARIO : A PRIMEIRA FUTGAL G2 COMEZA O 7 DE SETEMBRO SEN NINGÚN DERBI COSTEIRO NA PRIMEIRA XORNADA.

Trala xuntanza da RFGF na Asemblea Xeral van saindo os calendarios para a tempada 2025/26. Aquí vos traemos o da Primeira Futgal G2, na que están enmarcados os equipos da costa : CF Muxía, SD Castriz, SCDR Esteirana, SD Fisterra e o debutante Camariñas FC.

A liga en teoría comezará o vindeiro 7 de setembro e trala disputa de 34 xornadas rematará a liga regular o 17 de Maio do 2026. Nesta tempada na que seguirá habendo 6 grupos da Primeira Futgal tamén se repite a fórmula de 18 equipos por liga. Ascende direto o primeiro e promocionan o segundo e o terceiro clasificado. No que se refire aos descensos, haberá 3 diretos e a posibilidade de tantos “arrastres” como equipos descendan da Preferente Norte, que a sua vez se verán perxudicados dos decensos da 3º RFEF.

 

Non teremos ningún derbi na 1º xornada na que Esteirana, Fisterra e Camariñas xogarán como locais e pola contra xogarán como visitantes o Castriz e Muxía. O primeiro derbi será na 2ª xornada e será o Muxía-Fisterra, que ao coincidir ca Romaría da Barca de seguro que se xogará ou antes do 14 de setembro ou se trocará o sentido do enfrontamento. O ano pasado pasou o mesmo e xogouse en venres.

1º XORNADA

07/09/2025

Club do mar-Castriz

Vizoño-Arzúa

Praiña-Cire de Melide

Queixas-Bastavales

Esteirana-Cacheiras

Camariñas-Bertamiráns

Boimorto-Racing San Lorenzo

Fisterra-Calo

Tordoia-Muxía

 

Rexeitamento o Bergantiños

Na semblea Xeral da RFGF tratouse o rexeitamento dos clubes da costa a inclusión do Bergantiños B na 3ª da Costa. Os asembleistas decidiron que fosen os equipos desta liga os que decidisen se aceptaban a inclusión do equipo bergantiñista na sua liga por medio de votación, unha votación que arroxou uns números de 10 equipos en contra e 5 a favor de entrar na sua liga, polo que o Bergantiños B, que dirixirá o costeiro Alonso Cousillas non participará na 3º da Costa 2025/26. Os equipos xa amosaron o seu malestar no ‘pleno celebrado fai un par de semanas en Baio, pola actitude do clube carballés cando os deixou de lado para buscar ligas máis competitivas na Mariña e na Coruña despreciando as da costa.

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”