CAE POLA MÍNIMA O FABRIL ANTE O ALONDRAS, (1-0), E O SOFÁN SAE GOLEADO DO BARCO, (5-2)..

 

Alondras CF 1-0 Fabril

Un gol á media hora de xogo do Alondras CF significou a segunda derrota do Fabril no que vai de temporada, en ambos os casos lonxe de Abegondo e por idéntico marcador: 1-0. O partido arrancou igualado e con repartición de ocasións para cada equipo. Para Yeremay foi a máis clara dos fabrilistas nos primeiros compases. O gol do futbolista local Javi Pereira, á media hora de xogo, cambiou o rumbo do partido e foi ao cabo definitivo.

Tralo paso polos vestiarios, Óscar Gilsanz moveu o banco coa entrada de Mella e Fabio. O Fabril saíu a polo empate e puido logralo nunha gran ocasión que o xuvenil Pablo Trigo, debutante hoxe, non puido materializar xa nos compases finais.

Co resultado deste partido correspondente á 11ª xornada, o Fabril queda con 18 puntos na parte alta da táboa, a sete puntos do líder, o UD Somozas. Precisamente ambos os equipos veranse as caras a próxima fin de semana en Abegondo.

CD Barco 5-2 SD Sofán

Moi mal se lle puxeron as cousas aos sofanistas que xa encaixaban o primeiro gol antes de que se cumprise o primeiro minuto de xogo. Apretou moito o equipo de Valdeorras e aos 20 minutos de xogo xa abría fenda no marcador e antes do descanso xa caía o terceiro. A volta de vestiarios Alexandre abría un atisbo de meterse no chqoeu para os sofanistas, pero pouco duraba a ledicia pois chegaría o cuarto dos locais e o quinto bo treito final, tralo cal, Gallego facía o segundo dos sofanistas as porrtas do desconto. 

Resto de resultados

Silva 3-1 Viveiro

Somozas 4-2 Ourense CF

Rápido de Bouzas 2-2 Vilalbés

Arnoia 0-1 Polvorín

Estradense 4-1 Noia

Arzúa 1-1 Choco

-Foto e Texto : rcdeportivo.es/piratasdemuxia