Cabana transfómase na “Capital do Fútbol 8” ca disputa das Copas da Costa

COPAS DA COSTA DE FÚTBOL 8
-Alevín, Benxamín e Prebenxamín-

O SD Sofán Prebenxamín estará en Cabana loitando pola Copa.

 

Mañán Cabana transfómase na “Capital do Fútbol 8” ca disputa das Copas da Costa Alevín, Benxamín e Prebenxamín-

 

 
Mañán sábado 11 de Maio dende ás 10:30 horas terá lugar no Municipal das Redondas, (Neaño-Cabana de Bergantiños), a disputa das Copas da Costa de Alevín, Benxamín e Prebenxamís, nas que participan un total de 20 equipos costeiros e antre os que estará o EMF Vimianzo como meritorio campión do G5. O torneo que este ano orgañiza o Cabana SD, experto clube en orgañizar eventos de base a gran nivel, será unha festa do fútbol base da costa, transformando  Cabana de Bergantiños na “Capital do Fútbol 8 de Base”. Dende o clube cabanés invitan a todo aquel que queira disfrutar das estrelas do fútbol da costa do futuro a pasarse polo seu campo, non que de seguro non faltará a diversión e a gastronomía, así como as belezas que depara a zona para os que desexen visitar os seus imnumerables paraxes de interés turístico e culturalAbre a nova ao completo o calendario de encontros que nos fan chegar dende o Cabana SD con tódolos horarios e enfrontamentos dende ás 10:30 horas que coemza o primeiro choque ata as 19:00 que comeza a derradeira final.
 
CALENDARIO DE ENCONTROS

– 10:30h Alevíns: Outes-Sofán e Cee-Fisterra (Cuartos de final)
11:30h Alevíns: Dumbría-Esteirana e Xallas-Corcubión (Cuartos de final)
– 12:30h Benxamíns: Outes-Vimianzo e Xallas-Sofán (Cuartos de final)
– 13.30h Benxamíns: Dumbría-Carnota e Esteirana-Cee (Cuartos de final)
– 15:00h Prebenxamíns: Fisterra-Camariñas e Sofán-Xallas (Semifinales)
– 16:00h. Semifinales Alevin
– 17:00h. Semifinales Benxamín .
– 18:00h. Final Prebenxamín
– 19:00h. Final Benjamín
– 19:00h. Final Alevín

COLABORA: Federación Galega de Fútbol e Concello de Cabana.
ORGANIZA: Cabana SD.

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos moito menos ca outras webs, radios ou xornais de menor seguimento.