CABANA-ESTEIRANA FINAL DA “LVI COPA DA COSTA”

 

Cabana SD-SCDR Esteirana final da “LVI Copa da Costa”

Tras duros encontros de volta nos que nada había decidido Cabana SD que empataba a tres, (3-3) en Camariñas e SCDR Esteirana que empataba a uns, (1-1), en Corme son os finalistas da “LVI Copa da Costa” que se xogará o vindeiro Domingo 23 de Xuño en Dumbría. Mal día o elixido pòla RFGF que tiña que ter en conta xa cando se decideu que era o víspera de San Xoan, co que eso representa en Galicia. Os cabaneses conseguiron pasar nun duro encontro ante o FC Camariñas, que xa protestara duramente a labor arbitral no encontro de ida e que vía como non se lle pitaba un penalti o final do encontro neste, segundo nos contan. No minuto 81 ía gañando o equipo camariñán por 3-2 e un penalti a favor dos cabaneses que transformaba Iván Mato no 88´dáballes o pase a final. Un choque no que o colexiado cormelán Bruno Méndez e o delegado da RFGF tiveron que sair do campo ca axuda da Garda Civil. Algo indefendible. No outro encontro o Corme CF tivo gran parte do tempo a eliminatoria empatada cun gol de Alejo aos 27 minutos de xogo. Elías igualaba o encontro e poñía aos esteiráns na final aos 75 minutos de xogo.

 

FC CAMARIÑAS 3-3 CABANA SD

Berto Suárez, (Adestrador do FC Camariñas) : “Despois de ver que estos 2 partidos a un equipo que nadie contaba que chegara aí fixéronlle os 2 atracos da historia. Quería recalcar para que se chama o delegado federativo será para que cobre o que tanto lle costa gañar o club porque a verdade non ten validéz ninguna. Partido Cabana-Camariñas expulsan a Sule por dar co cóbado a un contrario, desculpándose o contrario dél porque lle mete no ollo e perdendose ese partido e poñenlle 1 partido máis. Entonces pregúntome eu… para que valen los delegados federativos?…a si para cobrar. E onte con 3-2 un penalti clamoroso a Bardanca non pitado e pita a falta. E logo un penalti nun balón que lle da na cara o chaval deixándolleo ollo hinchado.E miña última pregunta. Este arbitro de Corme pitou o Malpica-Cabana fai duas semana expulsou a 3 de Malpica, o domingo pasado xa dixo que  pitaría en Camariñas, o liña sacando fotos co porteiro. Así esta a federación”.

Fernando Mato, (Adestrador do Cabana SD) : “Partido bonito e disputado polos dous equipos e no que nós marcamos primeiro con gol de Manuel, e eles empatan nun saque de esquiña que non defendemos ben, e no que da misma forma adiantase o Camariñas. No minuto seguinte empata Manolo, e nos tendo máis ocasións ca eles pero non lograbamos marcar. Nun pase en longo do Camariñas vólvense a adiantar, nun despiste da nosa defensa, pero fomos o ataque, quedando con 3 en defensa, e chegaría o premio tras un disparo noso a porta que corta un defensa coa man alzada e marcaba Iván. No tempo de desconto é expulsado un xogador do Camariñas por menosprecio o árbitro, e seguinte a outro que non quixo sair do campo e daquela, con 4 minutos pasados, pita o final e a xente quixo pagala con o árbitro e o delegado da federación. Algúns intentamos axudar pero o final recibíamos nos tamén, é triste o que pasou”.

Goles : 0-1, Manuel, (9´); 1-1, Daniel, (23´); 2-1, Djibril, (53´); 2-2, José, (54´); 3-2, Djibril, (81´); 3-3, Iván Mato, (88´de penalti).

FC Camariñas : Pablo Novo, Rodrigo, (Manuel, 70´), Brais, (Juan, 77´), Mario, Mickael, Nicolás, Daniel, (Cibran, 44´), Francisco, Óliver, Djibril, e Yanacon, (Adrián, 63´).

Cabana SD : Dario, Pablo, Raúl, Santi, (Aarón, 60´), Pipa, Dani, Castro, (Chrístian, 85´), Manolo, Manuel, (Pazos, 93´), Cacha, e Iván.

Árbitro : Bruno Méndez

Asistentes : Manuel Espasandín e Lucas Vicente

Cartóns : Polo FC Camariñas : Yanacon, Pablo Novo, Cibrán, Mario, Djibril, Brais, Juan viron cartón amarelo e Mickael vermello direto no 91´. Polo Cabana SD : Santiago, Pablo, Rubén, Daniel e Raúl, viron cartón amarelo.

 

CORME CF 1-1 SCDR ESTEIRANA

Ángel Pérez, (Adestrador do Corme CF) : “Partido moi igualado cun gran ambiente nas gradas, e ainda que non sirve como disculpa con moitas baixas, pola nosa parte Unha primera metade que levamos o peso do encontro ainda que o Esteirana despuxo de duas ocasions moi claras. Unha cunha gran intervención de Suso, e outra que saleu por encima do longueiro. Pero fonos nos os que nos adiantamos no marcador cun gran gol de chilena de Alejo, co cal chegaríamos o descanso. Na segunda metade o nervos quizáis que nos traicionaran un pouco, ainda que o rival non chegaba a crear peigo. E nunha xogada sen perigo, e nunha posición máis que dubidosa conseguirían empatar o partido. Intentamolo máis co corazón que coa cabeza sacar a eliminatoria adiante pero non foi posible. Felicitar o Esteirana . Pola miña parte a pesar de todo felicitar os xogadores polo gran esforzo e traballo que fixeron durante toda a tempada, e darlle as grazas tamén polo seu apoio a afición, que demostraron ser unha das mellores da liga. Grazas a tod@s”.

Geno, (Adestrador do SCDR Esteirana) : “No comenzo o Corme tivo máis o balón e quería combinar pero sin perigo. O gol ben nun saque rápido dunha falta e Alejo a gol. Un gran gol. Nós tivemos dúas claras, unha sacouna o porteiro a córner e raíz do córner, Raúl rematou de cabeza rozando o longueiro. Na segunda parte creo que fomos mellores, conseguímolo gol e estamos na final”.

Goles : 1-0, Alejo, (27´); 1-1, Elías, (75´).

Corme CF : Suso, Adrián, Sergio, Eloy, (Aitor, 87´), Brais, Alejo, Lucas, Torrrado, (Ángel, 92´), Toniño, José e Brais, (Diego, 79´). 

SCDR Esteirana : MJ, Simón, Alves, Carlos Rama, (Carlos Lestón, 87´), (Brais, 87´), Adrián, (Maroñas, 84´), Simón, Rober “Pladur”, Elias, (Samuel, 79´),  Alberte, Dani Rama, Tobío e Raúl Lestón.

Árbitro : Pablo Rama

Asistentes : Juan Marcos Ríos e Pablo Señarís

Cartóns : Polo Corme CF : Toniño e Sergio viron cartón amarelo. Sergio xa co encontro acabado veu vermello. Polo SCDR Esteirana : Simón, Elías, Samuel e Rober “Pladur” viron cartón amarelo.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es