CABANA E SOFÁN XOGAN MAÑÁN SÁBADO A IDA DA FINAL POLO TÍTULO DE CAMPIÓN DA COSTA E POR UN POSTO NA PROMOCIÓN A GALEGA.

O Sofán pasou semifinais sen encaixar.

 

Mañán sábado 9 de Abril no “As Redondas”  de Cánduas, (Cabana), e a partires das 16:30 horas, os equipos do Cabana SD e o SD Sofán xogan o primeiro “round” da finalísima da Liga da Costa de Xuvenís, (1ª Galicia Xuvenil A Costa).

Os sofanistas chegaron a esta final despois de quedar campións no Grupo 1A con 30 puntos, un máis cos cabaneses, que xogaron no mesmo grupo. Nas semifinais os equipos norteños deixaron fora aos sureños do Grupo 1B. Os sofanistas deixaron fora ao UC Cee, segundo do outro grupo, derrotándoos nos dous encontros, (0-1 e 4-0), e os cabaneses deixaron na cuneta ao campión do Grupo 1B, tamén con vitoria en ambos encontros, (2-0 e 1-2).

En liga os enconfrontamentos antre cabaneses e sofanistas. caeron ambos na banda dos de Sofán, que gañaban nas Redondas por  0-2, e no Carral por 4-1.

Os máximos goleadores do Cabana SD son Miguel Blanco, que ademáis foi o máximo goleador da liga regular con 12 goles en 13 encontros, (un deles de penalti), e Rubén Sánchez, con 6 en 14 choques. Pola sua banda o SD Sofán é un equipo que reparte máis os goles antre varios xogadores, pois o seu máximo goleador foi Brais Calvo con 6 en 14 choques, os memsos ca Daniel Calvete.

En fronte tamén dous experimentados adestradores que xa saben o que é disputar e gañar títulos. Fernando Mato por parte do Cabana SD e José Barca, por parte do SD Sofán. Dous adestradores, que antes foron curas que freires, que primeiro xogaron e logo adestraron, tanto equipos de base coma de senior, e tanto de fútbol coma de futsal. 

 

Cabana SD – SD Sofán

Campos : As Redondas

Hora : 16:30

Árbitro : Luis M. Lago

-Foto : LGBA/FaceBook SD Sofán

-Texto : piratasdemuxia