Convocatoria da Esteirana en Cabana.
Este pasado fin de semana Cabana SD, SCDR Esteirana, US Cee e SD Sofán, xogaron a primeira eliminatoria polo título absoluto da costa e acceso a promoción.
O Cabana SD derrotaba por 2-0 a0 SCDR Esteirana, nun choque no que Miguel era a estrela dos cabaneses e do encontro cos seus dous goles. Fernando Mato, adestrador cabanés explicábanos así o encontro :
“Entramos moi ben no partido con un desgaste físico enorme, e con dous goles de Miguel que incluso podían ser algún máis. Na segunda parte coa lesión de Eloy sufrimos un pouco sobre todo no mediocampo, pero en defensa estivemos ben, e Manuel tamén, e con Chetiy arriba, que fixo un traballo moi bo, e podendo meter un gol de falta e outra de Brais que engancha un chut que todos pensábamos que ía pa ra adentro, pero aí estuivo ben o porteiro do Esteirana. Hai que dicir que estiveron todos moi ben e hai que nombralos :Manuel, Noé mario, Roi, Eloy, Brais, martin, Iker, Roberto, Hugo, Javi, Bertín, Chety e Miguel”.
No outro encontro o SD Sofán derrotaba a domicilio ao UC Cee pola mínima, (0-1). O tanto da vitoria era acadado por Daniel Calvete no derradeiro treito do encontro, (81´).
Polo tanto, e tendo en conta que é fútbol de xuvenís, non hai nada dito e as eliminatorias están por todo o alto, nada resolto, ainda que a ventaxe sexa para cabaneses e sofanistas.
O SCDR Esteirana recibe ao Cabana SD o vindeiro sábado 2 de Marzal a partires das 17:00 horas no 2José Luis Vara”, e SD Sofán, recibe no “O Carral”, ao UC Cee, o mesmo día dende ás 12:15 horas.
-Foto : RSS/Cabana Soc Dep
-Texto : piratasdemuxia