CABANA E SOFÁN FINALISTAS POLO TÍTULO DE CAMPIÓN DOS XUVENÍS DA COSTA E POR UN POSTO NA PROMOCIÓN DE ASCENSO A GALEGA.

O Cabana celebrou o pase a final.

 

Cabana SD e SD Sofán voltaron a derrotar a SCDR Esteirana e UC Cee respectivamente, e son os dous conxuntos que a vindeira fin de semana disputarán o primeiro encontro da final a dobre encontro na que saberemos quen é o equipo campión absoluto da Liga da Costa Xuvenil, e ademáis de quen será o representante da costa na promoción de ascenso a Liga Galega Xuvenil.

 

SD Sofán 4-0 UC Cee

Hora : 12:15

Campo : O Carral, (Sofán)

Árbitro : Óscar Rodríguez Santos

Xa chegaba o equipo sofanista a este choque ca ventaxe de 0-1 no choque da ida, e deixou resolta a eliminatoria na primeira metade, na que se ían o descanso con 2-0, con goles de Daniel Calvete, (23´e 34´). Manuel Castro facía o 3-0 a volta de vestiarios, (49´), e Daniel Calvete, completaba o seu “Hat-trick” persoal a hora de xogo. 

 

SCDR Esteirana 1-2 Cabana SD

Hora : 17:00

Campo : Xosé Luis Vara, (Esteiro)

Árbitro : Víctor Mirazo Insua

Así veu o encontro, Fernando Mato, adestrador do Cabana SD : “Saiu o Esteirana a por todas con ganas de meter o primeiro e meterse na eliminatoria, pero nos ben organizados desbaratÁbamos as embestidas deles, e incluso nos podíamos adiantar pero por duas veces os paos evitárono. Na segunda parte máis do mesmo, pero esta vez chegábamos e marcábamos. Un de Miguel, (76´), e outro do cadete Noé Eiroa, que recibeu un bo pase de Hugo, encara e materializa, (86´). A Esteirana, tamén hai que decilo, non baixou os brazos e conseguía o gol, por medio de Farinós, aos 87 minutos de xogo dándolle emoción o treito final”.

 

 

-Foto : Fernando Mato

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies