CABANA E BAIO XOGAN HOXE O DERRADEIRO ENCONTRO DA VOLTA DE CUARTOS DA “COPA DA COSTA XUVENIL”, DO QUE ESPERA EN SEMIFINAIS RIVAL O XALLAS FC.

Fernando Mato, non estará hoxe cos cabaneses.

Hoxe xógase o derradeiro encontro dos Cuartos de Final da “Copa da Costa Xuvenil”. O Cabana SD recibe a partires das 19:30 horas ao CD Baio por un posto nas semifinais. Os cabaneses derrotaban no encontro de ida ao equipo baiés por 1-5, e teñen moito avanzado para pasar a ditas semifinais, nas que se enfrontarán ao Xallas FC.Os cabaneses non xogaron sábado o ter o encontro da volta da 1º eliminatoria polo ascenso a Liga Galega, un choque no que os rapaces de Fernando Mato, que hoxe non poderá estar con eles, o ter que pasar por unha operación, da que lle desexamos teña toda a sorte do mundo e unha pronta e satifactoria recuperación, caían por 0-3 e quedaban eliminados. 

A outra semifinal enfrontará, tralos resultados do pasado sábado, que tedes máis abaixo, ao SD Sofán no Carral co Corme CF o vindeiro sábado a partires das 18:30. 

 

 “CUARTOS DE FINAL COPA DA COSTA XUVENIL”

-VOLTA-

 SCDR Esteirana 1-3 SD Sofán

Na ida 4-0 para os sofanistas

 Corme CF 1-1 Outes FC

Na ida 1-2 para os cormeláns

 Soneira SD 0-2 Xallas FC

Na ida 3-2 para os xalleiros

Cabana SD – CD Baio

Na ida 1-5 para os cabaneses

Hoxe martes 10 ás 19:30 horas

En marrón os que pasaron a semifinais.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia