Lucía Pazos suma o primeiro bronce da tempada.
A iudoca muxiana de Merexo, Lucía Pazos, disputou esta pasada fin de semana a Copa de España Cadete de Judo en Suances, (Catntabria), e ainda ainda que non subeu ó pódium, acadaba un bronce con sabor agredoce, nun pequeno pabellon ateigado de deportistas e acompañantes.
Unha Copa de España a que asistían delegacións convidadas de Francia e Alemania, entre outras.
Lucía pasaba a primeira rolda despois de derrotar por “ipom” a contrincante asturiana, nun combate de 44 segundos, lograba pasar a segunda rolda combatindo contra unha representante aragonesa, a que lle gañaba tamén por “ipom”, neste caso en 25 segundos de combate.
Pasaba a Cuartos de Final, onde lle tocaba medirse coa representante da delegación francesa, a que derrotaba tamén por “ipom”, desta volta en 34 segundos. Tocoulle medirse con unha deportista vasca en semifinais, onde caía derrotada despois dun duro combate de 2 minutos, e tocáballe loitar polo bronce cunha iudoca valenciana, a que gañaba logo de 3 minutos de combate, acadando primeiro bronce da tempada.
O seu compañeiro Raúl Ponte gañaba os dous primeiros e caía no seguinte sen o opción a repescar.
A noticia triste foi para a compañeira Aroa Blanco que se lesionou no primeiro combate, e vai estar un tempo sen poder competir,
Lucía non puido subir ó podium de maneira materila, xa que ven acompañando a Aroa no traslado para Galicia, onde será atendida da lesión, logo dos primeiros coidados facilitados en Catabria.
O noso desexo dunha pronta recuperación para Aroa Blanco, que sexa satisfactoria e sen problemas e voltamos a vela pronto no tatami.
-Foto e Texto : Pedro Felipe Pazos/piratasdemuxia