BRILANTE VITORIA DO FISOBER FSF INFANTIL NA CORUÑA E NOVA FICHAXE PARA O SENIOR MASCULINO.

 PREFERENTE FUTGAL INFANTIL

5 Coruña FS 1-10 Fisober FSF

O Fisober infantil asinou na pasada xornada unha actuación rotunda na súa visita á Coruña, onde se enfrontou ao 5 Coruña FS nun encontro dominado de principio a fin polo cadro costeiro. O partido, disputado en horario matinal, deixou patente o crecemento constante dun equipo que continúa medrando no xogo e nos resultados.

Desde os primeiros compases, as rapazas do Fisober imprimiron un ritmo altísimo, combinando con claridade e presionando de forma efectiva a saída de balón local. A superioridade foi cristalizando en ocasións e, finalmente, nun marcador avultado que reflicte o gran traballo colectivo.

Os goles chegaron repartidos pero con protagonismo especial de Paula, que asinou un póker de tantos. Mar e Martina Fernández, autoras de dous goles cada unha, tamén tiveron unha participación destacada, mentres que Zoe completou a goleada con outros dous tantos de gran definición.

O equipo formou con: Jimena, María, Claudia Ares, Martina Fernández e Mar; e tamén participaron Alba, Lola, Zoe, Noa, Iria, Martina Lago e Paula.

Máis alá do resultado, o encontro deixa sensacións moi positivas nun equipo que continúa demostrando melloras semana tras semana, tanto no plano táctico coma no competitivo.

Vindeira xornada

O conxunto infantil volverá competir fóra da casa, desta volta visitando ao Narón, nun duelo que se anticipa atractivo e esixente. Trala brilante vitoria ante o 5 Coruña, as costeiras buscarán manter a dinámica positiva e continuar sumando na procura de loitar opr todo.

PREVIA ALEVÍN 

O Fisober FSF afrontará esta vindeira fin de semana unha nova xornada como local, na que as alevíns recibirán ao Ribeira FS. Será unha boa oportunidade para seguir afianzando conceptos e manter a liña de crecemento do equipo, que está a amosar unha boa progresión nas últimas datas.

Álex incorpórase o senior masculino

Primeira “fichaxe invernal”, neste caso para o conxunto sénior masculino. Logo de completar a temporada pasada moitos entrenos co equipo xuvenil,  Álex decídese a dar o paso definitivo e aportar tódalas súas ganas de aprender dentro da pista e dar vitalidade e aínda máis xuventude ao vestiario sénior.

.

-Fotos e información : Prensa Fisober FSF

-Texto : Xosé Búa “Pirata”