Brilante inicio de campaña do CDM Piragüismo Dumbría : “1º posto para Xesús Pena en K1 Cadete, 2º para Maríña Suárez en C1 Cadete, e 6º por clubes na Taça Ibérica de Slalom”.

Mariña Suárez en acción en Portugal.

 

A partipación do CDM Piragüismo Dumbría na Taça Ibérica de Slalom se salda cun gran
resultado. Primeiro posto para Xesús Pena Cundíns en K1 Cadete, Plata para Maríña Suárez
en C1 Cadete, e sexto posto por clubes.

Un ano máis a Taça Ibérica de Slalom abría a tempada de slalom tanto para os clubes galegos
coma portugueses. O rio Coura, ó seu paso pola vila portuguesa de Covas presentaba un bó
caudal para a disputa da proba cun percorrido moi técnico ainda que o rio non presente
demasiada dificultad.

 

Xesús Pena subeu o máis alto do caixón.

 

O CDM Piragüismo Dumbría se presentaba coa grán novedade do retorno á competicion de Antía
Loia no K1 senior femenino despois de varias tempadas sin competir. O retorno non saiu
demasiado ben posto que quedou eliminada en preliminares tras unha penalización. O mesmo lle
ocurriu ós cadetes Xián Caamaño, Marcos Martínez e Sara Romar nesta ronda preliminar.

 

Mariña Suárez prata en portugal.

 

Nas semifinais gran papel de tódolos participantes do clube, aínda que, por ben pouco os xuvenís
Brais Cacela e Martín Romar e o senior Marco Oreiro quedaron apeados da seguinte ronda.
Mesmo así, Xesús Pena foi o unico galego en pasar o corte na categoria K1 cadete masculino,
impondose ós deportistas portugueses na final e logrando o triunfo. Mariña Suarez tamén foi quen
de pasar as finais na categoría C1 femenino subindo o segundo chanzo do podium, mentras que
Marcos Sánchez Cancela nunha manga final arriscando ó límite non foi quen de acercarse ós
postos de honra.

 

Xesús Pena comezou forte en terras portuguesas.

 

A vindeira competicion xa é en menos dun mes a primeira proba da Copa de España de Slalom,
que se diputará en Galicia.

 

-Fotos e Texto : CDM Piragüismo Dumbría