Iago Canosa en acción en La Seu d´Urgell.
Iago Canosa volve á competición cun brillante cuarto posto na Copa de España celebrada en La Seu d´Urgell.
O resto da expedición costeira sufríu na Canle Olímpica.
Despois de dous anos sin competir tras a súa labor coma técnico para a Federación Francesa de Piragüismo, Iago Canosa volveu á competición este fin de semán, e aínda que el se quitaba presión antes da celebración da proba falando de que esta tempada ía
ser de búsqueda de sensacións e en vista do resultado ver de implicarse máis a fondo para a tempada que ven, esas sensacións non puideron ser mellores.
Iago remataba a competición cun brillante cuarto posto, ás portas das medallas, tras dúas baixadas consistentes, e enfocan o seu obxetivo para a competición de Pau en pasar o corte que o clasificaría para os selectios para formar parte do Equipo Nacional.
O resto da expedición dumbriesa estaba formada por Marcos Oreiro, Martín Fernández Romar e Xesus Pena Cundíns, que sufriron muito coa alta dificultad dos trazados propostos polos técnicos da federación na Canle Olímpica, pero que xa están ca vista posta na vindeira cita da entidade, dentro de tres semanas no Estadio de Augas Bravas de Pau, no sur de Francia.
-Fotos : Norbert Aguilera
-Texto : Piragüismo Dumbría