BRILANTE A JUDOCA MUXIANA, LUCÍA PAZOS, QUE ACADA O BRONCE EN AVILÉS, DESPOIS DE 3 MESES SEN COMPETIR.

Lucía, (2ª pola esquerda), no podio de Avilés.

 

Lucía Pazos volve a brilar, desta vez en Avilés

A judoca muxiana de Merexo, Lucía Pazos competía este sábado en Avilés, (Asturias), unha praza que se lle resistiía e na que tras gañar os dous primeiros combates caía no terceiro por un lugar na final.

Non puido ser e as pantasmas de praza gafe non pasaron pola cabeza da brava deportista merexana que a pesares de ter un duro e disputado combate contra unha participante local, que tiña a forza de xogar ante o seu público, non se enrrugou e acadou un bronce que, “lle soubo a ouro”, pois chegaba dun periodo de 3 meses sen actividade en competición.

 

Unha vez máis a nosa máis cordial noraboa a esta extraordinaria deportista muxiana que unha vez máis levou cun alteza o estandarte de Merexo, Muxía e Galicia, como cada vez que compite.

-Foto : Ali Trillo/Pedro Pazos

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies