Bergantiños o noso “GRAN CAPITÁN”.
Álex Bergantiños deixa o clube
Xa nos extrañou que o noso “GRAN CAPITÁN”, Álex Bergantiños, co que tivemos o pracer de animar en varios encontros de fora da Coruña, esta tempada, se apartase das cámaras e os micros totalmente, (nunca lle gustou, pero sempre deu a cara nas malas), incluso cando o equipo acadou o ascenso, e agora, (xa tíñamos a mosca detrás da orella), chega o anuncio, (escueto), do clube no que dí que “decidiu deixar de pertencer ó Consello de Administración”. Fátame no comunicado un relato do que representou no clube e a sua traxectoria, ata chegar a diretiva.
Comunicado do RC Deportivo
Álex Bergantiños decidiu deixar de pertencer ao Consello de Administración e ao Club a partir da celebración da próxima Xunta de Accionistas prevista para o próximo 26 de xuño. O Club quere agredecerlle a súa dedicación nesta etapa á vez que lle desexa moita sorte no futuro.
Entrega de enseñas de prata aos socios con 25 anos de fidelidade
O Estadio de Riazor será o escenario do acto de entrega de insignias de prata da temporada 2023-2024. O vindeiro xoves 20 de xuño, as socias e socios que celebran 25 anos como persoas abonadas do RC Deportivo terán o seu merecido recoñecemento á fidelidade mostrada ao Club.
Nesta ocasión serán 109 socias e socios que cumpren un cuarto de século de vinculación. Os homenaxeados están citados ás 19:30 h. para coñecer o interior do Estadio e, na súa sala de prensa e Área 1906, recibir a insignia de prata do RC Deportivo e gozar a continuación dun cóctel de celebración xunto aos 7 títulos oficiais nacionais do Club.
Mañán mércores rolda de prensa de Benassi e Soriano
Mañán mércores 12 de Xuño, terá lugar unha rolda de prensa do Xerente Xeral, Mario Benassi e do Director Deportivo, Fernando Soriano a partires das 11:30 horas en direto pola canle do RC Deportivo, https://www.youtube.com/rcdeportivo
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”.