BREVES DO RC DEPORTIVO : GILSANZ DESEMBARCA, CONVENIO CO FÚTBOL AFECCIONADO DA CORUÑA, RENOVACIÓN DE INES PEREIRA E XUNTA EXTRAORDINARIA.

Óscar Gilsanz anuncia o clube que non acepta seguir

O xa ex adestrador do RC Deportivo, home de clube, humilde traballador entregado e deportivista, non aceptou a proposta do clube de seguir vinculado de maneira interina e buscará seguir progresando noutros lares.

Non podemos máis ca estar agradecidos ao rtraballo de Óscar Gilsanz en tódolos equipos que estivo no RC Deportivo nos que o deu todo e sacou rendemento. Aquí pola parte “escura” dos que se din ser deportivistas xa comezaba a “cheirar” a Arsenio a que como é da aldea xa non vale, pero fixo xogadores, gañou unha Copa de Campións de España cos xuvenís, acadou oa scenso a 2ª RFEF co Fabril e mantivo ao Depor con tranquilidade da 2º División e puido facer máis se non se lle fose lesionando o grosos do equipo titular e deu minutos a xogadores de futuro.

Dará unha rolda de prensa na que leerá un comunicado, o que nos parece como socios e accionistas do clube moi ben para así evitar as preguntas dunha parte “destructiva” da prensa…

O noso desexo de que trunfe, que seguro que o fará, onde queira que vaia pois é un dos nosos dentro e fora do campo.

Asinado o novo convenio ca AFAC

O Dépor e a Asociación de Fútbol Afeccionado da Coruña (AFAC) renovaron esta mañá no Estadio ABANCA-RIAZOR a súa alianza nun acto presidido por Massimo Adalberto Benassi, Conselleiro Delegado do RC Deportivo e Juan Vázquez, Presidente da AFAC.

Ambos os dirixentes asinaron o convenio na sala de prensa en presenza de Carlos Ballesta, Conselleiro do RC Deportivo; Fernando Soriano, Director de Fútbol; Ismael Arilla, Director de Fútbol Formativo; ademais da Xunta Directiva da AFAC.

Renovación de Ines Pereira

Inês Teixeira Pereira (Sintra, Lisboa, 26 de maio de 1999), coñecida como Inês Pereira, seguirá defendendo a portería do Dépor ABANCA cedida polo Everton FC inglés na temporada 2025-26.

Na súa primeira campaña en ABANCA-RIAZOR xogou 28 partidos en Liga F de 30 posibles, cun total de 2.520 minutos. 

O seu debut en España foi de tal impacto que encabezou 3 clasificacións ligueiras: media de paradas por partido (9), total de paradas (252) e máis paradas dentro da área (84).

Convocatoria de Xunta Extraordinaria

O Consello de Administración do Real Club Deportivo de La Coruña, SAD, o 5 de xuño de xuño de 2025 acordou convocar a Xunta Xeral de Accionistas da Sociedade con carácter de Extraordinaria, a celebrar en primeira convocatoria, ás 9:00 horas do día 9 de xullo de 2025 no Estadio ABANCA-RIAZOR, sito na rúa Manuel Murguía s/n 15011 A Coruña e, se houbese lugar, en segunda convocatoria, ao día seguinte, no mesmo lugar e hora, o 10 de xullo, con asistencia exclusivamente telemática das persoas accionistas e dos seus representantes, de conformidade co disposto no artigo 18 dos Estatutos Sociais, e no 182 bis do R.D.Leg 1/2010 do Texto Refundido da lei de Sociedades de Capital, de acordo ao seguinte: 

ORDE DO DÍA 

Primeiro.- MODIFICACIÓN DOS ESTATUTOS SOCIAIS PARA ADECUALOS Á LEI DE SOCIEDADES DE CAPITAL E Á  LEI 39/2022 DO DEPORTE. APROBACIÓN DA MODIFICACIÓN DOS ARTIGOS 4, 7,14  E 34.

Segundo.- ROGOS E PREGUNTAS

Terceiro.- DELEGACIÓN DE FACULTADES PARA ELEVACIÓN A PÚBLICO E POSTERIOR INSCRICIÓN DOS ACORDOS ADOPTADOS

Ponse a disposición de todos os accionistas o informe a que se refire o art. 286 da Lei de Sociedades de Capital sobre a modificación estatutaria proposta. Os socios teñen dereito a examinar no domicilio social o texto íntegro da modificación desde a publicación desta convocatoria así como o indicado Informe da administración e o dereito a pedir a entrega ou o envío gratuíto dos devanditos documentos.

O Consello de Administración fará uso do dereito que lle confire o artigo 203 da Lei de Sociedades de Capital e os artigos 101 e seguintes do Regulamento do Rexistro Mercantil, polo que se levantará acta con intervención notarial. O anuncio da Xunta Xeral realízase vía páxina web corporativa, en concreto www.rcdeportivo.es/accionistas.

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/RC Deportivo

-Foto : RC Deportivo