BREVES DO FÚTBOL E FUTSAL FEMININO DA COSTA.

Patri na sua exitosa etapa no Fisober.

 

A muxiana Patri Romaní volve o Fisober FSF

Fai unhas semanas informábamos de que a muxiana, Patri Romaní, deixaba o Viaxes Amarelle FSF, tras un periplo de éxitos ao máximo nivel do futsal feminino nacional. Facíao por asuntos de traballo e no equipo herculino-xalleiro deixábanlle as portas abertas a unha das suas capitanas, que tanto fixo polo crecemento do clube.

Agora chéganos a nova de que a talentosa xogadora muxiana, retorna ao clube que a veu nacer e no que escribeu moitas das suas páxinas brilantes, o Fisober FSF. Non é unha baixada de categoría para ela, pois retorna a sua casa, é unha subida enorme de calidade para o equipo costeiro.

 

O ED As Miúdas lévase o amigable ante o CF Dumbría

Esta pasada fin de semana o ED As Miúdas, de Muros, recibía no Eleuterio Balayo ao CF Dumbría, equipo que dirixe o ex do equipo muradán Fran Figueroa. Un choque que valía para ambas escadras para ir tomando forma aos seus planteis. No banco das de Muros, o novo adetrador Lucho Ferreiro, e a seu carón, o seu segundo delegado do equipo, Manu García, e quen marcou o gol da vitoria, (1-0), foi a que será a segunda destradora do equipo, Pati Estévez. O equipo muradán fichou para esta vindeira tempada a Bea Galán, procedente do Orzán, Marcela Casal, que retorna tralo seu paso polo Victoria FC, e Laura Siera, que é a derradeira incorporación.

 

Segue adiante o proxecto do Corme Feminino

O Corme CF segue traballando a reo para poder presentar equipo feminino a vindeira tempada, un traballo que se intensificou dende o mes de xuño e que segue a moi bo ritmo, segundo nos comentan dende o equipo cormelán, que trata de dar así saida a moitas rapazas que xogaron na base cormelá, e que tratan de recuperar, como é o caso da ex do Bergantiños FC, Carla Pose, que causaba baixa a principios de mes no clube carballés, tal e como xa vos temos contado, e que se apunta ao ilusionante proxecto dos do Roncudo.

 

O Cerqueda feminino levouse o Trofeo da Mostra da Olería

O UD Cerqueda que a pasada semana incorporaba a Tatiana Varela o equipo feminino, unha rapaza natural da localidade cerquedense, derrotaba nos penaltis aos UD Juvenil Almeira, para facerse co Trofeo da Mostra da Olería de Buño, orgañizado polo Concello de Malpica, un trofeo que tamén se levaba o equipo senior masculino ao sair vencedor no triangular ante o SCD Buño, (0-0), e Sporting Seaia CF, (2-0). Os de Buño no outro encontro derrotaban por 1-0 aos de Seaia, polo que o trofeo era para os de Cerqueda pola diferenza dun gol. 

O UD Cerqueda ten aberto prazo para todos aqueles rapaces e rapazas que queiran unirse e xogar na categoría a que pertenzan por idade, poden contactar co clube.

 

CF Dumbría e UD Cerqueda serán os rivais do UC Cee nos Trofeos da Xunqueira

O vindeiro sábado 13 de Agosto terá lugar o Trofeo Virxe da Xunqueira en Cee, a 51ª edición no masculino, e a 3ª no feminino. As primeiras en disputar o trofeo das festas ceenses, serán as féminas, e terán como rival o UD Cerqueda, será ás 17:30 horas no Sampaio de Refoxos. Duas horas despois, (19:30), será o turno dos homes. O UC Cee enfrontarase ao CF Dumbría.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia