BREVES DO FÚTBOL DA COSTA : CORME FEMININO, CF PORTEÑO, MUXÍA CF E BERGANTIÑOS FC.

Mayor co adestrador Javi Baña.

 

Mayor ficha polo Porteño

O vimiancés ex do Soneira SD, Mayor asina polo CF Porteño para a vindeira tempada na Liga da Costa. O equipo da Ponte do Porto faise así cun xogador de caliade curtido en ligas superiores.

Rubén Souto adestrador do Corme CF Feminino agradece o apoio recibido

Rubén Souto, colaborador da nosa web cos seus comentarios dos encontros do equipo feminino do Corme CF, amosou o seu agradecemento aos comunicadores do fútbol costeiro feminino e ao equipo que lle deu a oportunidade de dirixir, así como ao entorno do mesmo. Pasará a historia coma o adestrador do primeiro equip’o feminino cormelán.
AGRADECIDO E MOI ORGULLOSO!!
Son as palabras que mellor describen ésta nova etapa na que me involucrei fai casi un aniño xa, os banquillos do futbol amateur, neste fútbol da costa que tanto nos apasiona, e en concreto no fútbol femenino. E mais aló de q un e terco, competitivo e sempre quere mais e mellor, pois nin tan mal oes!! Gracias o Corme CF por acollerme e confiar en min, de tal forma que os 15 días xa me sentía como na casa, un club do Pobo, un club para o Pobo, e un Pobo que debido a eso ten un sentido de pertenencia cos equipos do club tremenda e que fai que sexan Unha afición única e sin duda unha das mellores de toda a Costa, Unha afición que nos levou en volandas durante todo o ano, tanto no Cairo como fora de casa. Tendes aquí un soldado azulón máis de por vida!!!.
Gracias a Cristina IN , Fin Lema Soto e Corme Sangre Azul , os nosos fotógrafos en cada partido, facedes un traballiño que nos encanta!!!. E e un traballo que facedes por puro hobby e amor a este escudo, moitas gracias!!!
O Muxía renova a Michael e Jose Lema
O Muxía CF  da Liga da Costa, así como xa fixera o ano pasado, apura a amarrar aos seus xogadores, e deta volta son Michael Vilela, un dos garndes capitáns, o único mariñeiro do equipo, e un dos poucos do fútbol da costa, (como trocou a cousa), e que xogará “ata que o corpo aguante”. Outro que ven de renovar é o xove porteiro, Jose Lema.
Tres despedidas e unha renovación no BergantiñosO Bergantiños FC informa que os xogadores Jorge Sellés e Dani Palomares, así como o porteiro Álex Cobo causan baixa para a vindeira tempada. O club agradécelle o seu traballo e deséxalles o mellor tanto no deportivo como no persoal. Amáis comunícannos que Juan I. Subirán continuará como segundo adestrador, formando tándem así con Secho, que é, tal como xa vos informamos, o novo adestrador dos carballeses.

-Foto : CF Porteño
-Texto : Xosé Búa “Pirata”