BREVES DO FÚTBOL DA COSTA : A FINAL DOS XUVENÍS EN MUXÍA, FICHAXES, RENOVACIÓNS, RESULTADOS…

A Arliña un fermoso campo nunha ubicación extraordinaria.

 

A Final da Copa da Costa Xuvenil en Muxía

O vindeiro sábado 20 de Maio de 2023 terá a lugar a final da Copa da Costa Xuvenil para a que están clasificados o Xallas FC e o SD Sofán, esta final disputarase no campo “A Arliña” de Muxía. Se queres ver as crónicas das semifinais xogadas onte PREME AQUÍ.

Bibi seguirá no UD Monte Louro

David González “Bibi”, seguirá no banco do UD Monte Louro, tal e como anunciaron dende o clube. Os loureses están a espera de ver o que fan o Muxía CF e o Corme CF na promoción de ascenso a 1ª Galicia, dado que ocupan un posto de posibles arrastres que os poderían levar a 3ª da Costa, con todo esto o clube de Louro segue a confiar no técnico muradán para o proxecto da 2023/24.

O Porteño asina a un preparador físico

O Porteño, equipo recén ascendido a Liga da Costa ven de incorporar para a vindeira tempada ao preparador físico, Alberto Mas, un profesional do ramo, con vistas a unha boa preparación da plantilla porteña.

Resultados do fútbol feminino

Na tarde do sábado xogábanse dous encontro da 2ª División Galega Feminina. No Grupo 4 o UC Cee derrotaba ao CF Mazaricos por 1-3. Mracaban polas ceenses, Nerea, 8de penalti(, Saray e Lucía Martínez. O gol da honra das mazariquenses chegaba por medio de Tamara. No Grupo 2 e cun ambientazo extraordinario xogábase o derbi Corme CF-Ponteceso SD, un derbi que se levaban as da Vila de Pondal por 1-2. Adiantábanse as de Ponteceso por medio de Eva, cun tanto de penalti. Empataba para as cormalanas Carla e o gol da vitoria chegaba de novo de penalti, que era transformado de novo por Eva.

 

Crónicas das semifinais da copa de cadetes e infantís

Para ver a crónica dos cadetes : PREME AQUÍ

Para ver a crónica dos infantís : PREME AQUÍ

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”