BREVES DO FÚTBOL COSTEIRO : DAVID GONZÁLEZ E ÁNXO GARCÍA FANSE CARGO DO XALLAS FC E CONVENIO ANTRE BERGANTIÑOS CF E UC CEE.

Presentacion de David González, (2º der), e Ánxo García, (2º esqu).

 

David González e Ánxo García novos adestradores do Xallas FC

Como xa vos apuntábamos esta mañán o Xalas FC e o adestrador carballés, Adrián García separaban os seus camiños. Tras esta primeira xuntanza a presidenta do equipo xalleiro Beatríz Velo, tomou cartas no asunto de buscar sustituto. Pois ben, Anxo García Antelo, ex adestrador de equipos coma o Xuvenil do Bergantiños CF u do Sigüeiro CF,  e Ánxo García Antelo, (Bergantiños Xuvenil con David González, e ex xogador do Sigüeiro “B” e Xuventude Oroso), serán os que traten de levantar a un Xallas FC que leva toda a tempada metido en postos de descenso e de arrastre.

 

Convenio antre o Bergantiños CF e o UC Cee

Mañán venres 31 de Xaneiro na Sala de Trofeos das Eiroas, ás 20:00 horas, Bergantiños CF e UC Cee asinarán un convenio de colaboración que acordaron antre os dous clubes. Un feito que acerca de novo ao clube carballés o fútbol costeiro no que estivo durante moitos anos.

 

-Foto : Xallas FC

-Texto : piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.