BREVES DO DEPOR : “RESCISIÓN DE PARIS ADOT…MARIO SORIANO AMPLIA CONTRATO ATA 2028…ROBERTO CALLABUD…HORARIO E DATA DO 1ª XORNADA DE LIGA…

 

Paris Adot non seguirá no Depor

O RC Deportivo ven de anunciar a rescisión de contrato co lateral dereito Paris Adot. O xogador pamplonica de 34 anos chegou o oasado verán ao Depor e foi importante na primeira volta na que foi titular na maioría dos 17 encontros nos que foi titular. Unha lesión antes do Nadal e a recuperación de Ximo Navarro fixeron que desaparecese do once inicial, agás cando Ximo tivo problemas. Chegou ao equipo branquiazul dende a Ponferradina onde xogou 107 encontros e vaise tras participar en 26 e co ascenso a 2ª División co Depor no seu currículum.

“O Club quere agradecer a Paris Adot o seu compromiso, esforzo, traballo e dedicación durante esta temporada que agora conclúe, á vez que lle desexa moita sorte na súa nova etapa profesional”, era a mensaxe do RC Deportivo na sua despedida. 

Están na mesma situación co pamplonica, Valcarce e Cayarga. Traballo que está a desenrolar a dirección deportiva do RC Deportivo, así coma as cesións de a lo menos dous dos porteiros, Eric Puerto, Alberto ou o retornado, Brea, habida conta de que Fernandfo Soriano, (Director Deportivo), dixo que era un posto no que buscarían un meta con experienza. Fálase do meta do Racing de Ferrol, Ander Cantero.

 

Soriano amplia seu contrato ata 2028

Mario Soriano Carreño (Alcalá de Henares, Madrid, 22 de abril de 2002) renovou o seu contrato co Dépor por catro temporadas, até xuño de 2028, con opción a unha campaña máis por obxectivos. O centrocampista alcalaíno chegou ao Dépor cedido polo Atlético de Madrid ao comezo da temporada 2021-22 e ao inicio da seguinte asinou por dúas campañas, xa en propiedade. No curso recentemente finalizado, o segundo dese contrato, militou cedido no SD Eibar, equipo co que disputou 45 encontros oficiais (41 como titular), marcou 3 goles e deu 4 asistencias en Segunda División. Ademais disputou o playoff de ascenso a Primeira. Nas súas dúas temporadas como branquiazul, 2021-2022 e 2022-2023, Mario Soriano participou en 71 partidos, 58 deles no once inicial. Marcou 13 goles e deu 9 asistencias.

 

Roberto Cabellud novo director da área condicional do clube

Roberto Cabellud Lasierra (Huesca, 31 de marzo de 1975) regresa ao Deportivo como responsable da Área Condicional do Club, un departamento de vital importancia estratéxica que supervisará a preparación física de todos os equipos e por suposto a do primeiro equipo masculino. Será a súa segunda etapa no Dépor posto que xa formou parte do corpo técnico de Víctor Fernández na temporada 2014-15 en Primera División.

 

Depor-Oviedo o 17 de Agosto

O primeiro encontro da 2024/25 xa ten data e hora, será o 17 de Agosto a partires das 19:00 horas no Estadio de Riazor. Unha semana antes poderían atoparse ambos equipos no mesmo escenario no Teresa Herrera, pois xogarán o sábado 10 de Agosto o Depor e o Unionistas de Salamanca e o Leganés-Oviedo na primeira tirada do torneo, que como xa vos informamos volta a ser cuadrangular, e os vencedores xogarán o Domingo 10 a final, e os outros dous o 3º e 4º posto.

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Foto : Mundo Diario

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies