BREVES DO DEPOR : OURENSE CF RIVAL NA COPA DO REY E ROLDA DE PRENSA DE PABLO MARTÍNEZ.

 

Pablo Martínez pasou por rolda de prensa esta mañán antes do adestramento en Abegondo e amosouse moi contento de haber “disfrutado” da titularidade no encontro ante o Sporting de Xixón, “deume conta de hai outros que están ben, Barcia está de puta madre…é un rapáz que ten unha calidade de “loco”, e eu no que me toca tento dar o máximo”, decía o franco-español.

A unha da tarde comezaba o sorteo da segunda rolda da Copa do Rei e nesta entrou o Depor, exento na primeira por ser campión da pasada Primeira Federación. Neste eido o noso rival será o Ourense CF.

O Dépor medirase ao equipo ourensán da Primera Federación que dirixe o ex canteirán e ex adestrador deportivista Pablo López. A eliminatoria, a partido único, xogarase o 3, 4 ou 5 de Decembro no campo do Couto. O máis seguro é que sexa o 3 ou o 4 debido a que o Depor xogará o sábado 7 en Riazor co zaragoza, a partires das 18:30 horas, (17:30 GMT), no encontro de liga.

 

Rolda de prensa de Pablo Martínez, (rcdeportivo.es)

Pablo Martínez foi o protagonista esta mañá na sala de prensa de Abegondo.

Cre que ao Dépor nesta primeira parte do campionato fáltalle “eficacia diante da portería tanto en defensa como en ataque. Eu non vexo tan mal ao equipo. Tamén xogamos noutra liga. Os outros equipos xogan e adestran moi ben tamén”.

Viu un partido ante o Sporting de Gijón en ABANCA-RIAZOR “moi difícil. O empate foi bo para todo o mundo. Por suposto queremos gañar todos o partidos pero cando non saen hai que saber non perdelos”.

Precisamente advirte que LaLiga Hypermotion é “moi igualada. Velo na clasificación. Ganas un partido sobes, perdes e estás en descenso. Xógase con detalles”.

Lembra que “a temporada é moi longa. Hai que tomar isto con calma. Acabamos de ascender, somos novos nesta liga. Hai equipos que levan moitísimos anos nesta competición, que teñen moita máis experiencia que nós. Estamos no bo camiño. Fáltanos pouco para entender eses pequenos detalles, xestionar ben iso. Vai saír ben a cousa. Se seguimos traballando como o estamos facendo agora estou seguro que vai saír ben”.

O central deportivista cualificou como “un pracer enorme” o seu regreso á titularidade o pasado domingo. “Tanto tempo no banco mirando aos teus irmáns no campo sen poder axudar, ou axudando doutra forma, foi unha tolemia para min”, engadiu.

Aínda que se marcha cunha sensación agridoce polo empate, polo menos queda con que “o plan persoal foi bastante ben”.

A nivel físico, desvela o futbolista francés que “cambiei a miña forma de adestrar. Adestro moitísimo máis duro que antes por isto estou contento de volver ao campo e poder mostrar que xa estou para xogar”.

Razoa que “cando estás afeito xogar todos os partidos, como con Imanol que tiña o seu equipo e era moi difícil cambiar iso, reláxasche un pouco porque sabes que o fin de semana che vai a tocar. Veu Dani Barcia adestrando moi ben e era moi normal que me sacase do equipo Imanol. Cando ves que non xogas 1 partido, 2 partidos, 3 partidos e ves que o rapaz está a facer as cousas moi ben, eu tiña que subir o meu nivel. Estou a adestrar moi forte, tentando que os adestramentos sexan como partidos, dalo todo e entrar rebentado en casa”.

Confesa que “a semana a pasei xenial. Vénme alegría adestrar porque antes me custaba motivarme. Ademais á miña idade, que sei que se vai a acabar pronto todo isto, estou a gozar unha chea”.

Pablo Martínez subliña que nos primeiros días da súa suplencia “véñenche mil cuestiones á cabeza. Que fixen mal? Pero sei exactamente o que tiña que facer. Foi normal saír do equipo porque non estaba a render moi ben. O meu inicio de temporada foi malo. Entón tocábame traballar, é o que fixen, para volver e para tentar axudar ao equipo. Veume ben sentarme un pouco no banco porque te dás conta que hai outros que son moi bos. Dani Barcia está a facelo de p… madre“.

É máis, chancea que “se non se chega a lesionar non entro máis no equipo. Que se mellore canto antes porque ten unha calidade de tolos. Eu gozo véndoo. Loxicamente se podo xogar con el e con Pablo Vázquez tamén podo gozar. No que me toca intento dar o máximo”.

Pensa que el non ten “nada que ver” nas boas actuacións de Dani Barcia: “A calidade tena o rapaz. Os dous últimos anos non xogou moito e estaba moi pendente de nós, preguntando cousas… Ten unha gran calidade. Ensinóunola cando xogou. Tento axudarlle como podo pero non necesita a miña axuda. Ten unha gran traxectoria se segue traballando así”.

Pablo Martínez subliña que “confiamos en Óscar Gilsanz. É moi próximo, pregunta moitas cousas, fala con todo o mundo. Fala cos futbolistas que non xogan moito e dáche confianza. Por iso cando entras no terreo queres dar todo por el”.

Finalmente, preguntado sobre se sente máis cómodo en ABANCA-RIAZOR ou fóra de casa, o defensor branquiazul apunta que en casa: “Hai un pouco menos de presión fóra de casa. En ABANCA-RIAZOR queremos dar alegría a todo o mundo entón ás veces te podes meter un pouco de presión. Eu fóra ou en casa tento dar o máximo”.

-Foto e vídeo : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies