Tres nomes propios na palestra do Depor, Genreau que rescinde contrato, Mella que foi convocado pola Sub 20 e Bouldini que podería sair en breves.
Denis Genreau
O RC Deportivo ven de anunicra a rescisión de contrato con Denis Genreau, mediocentro francoaustraliano internacional coa selección absoluta de Australia que fichou polo Depor o 31 de xaneiro de 2025. Chegou traspasado desde o Toulouse cun contrato ata xuño de 2027, e tiña ademáis unha posible tempada adicional, pero esto non vai suceder. Moi mala sorte a que tivo o talentoso xogador que foi despedido con honores no Touluse do que foi un dos responsables do ascenso a primeira división francesa, pero non topou sitio no Depor ou ben por decisións técnicas o escoller a outros o adestrador, ou por “overbooking” na sua parcela, ou por non dar a talla nos adestramentos. Un caso similar ao de Patiño, que no pouco que xogou non puido ensinar o que ten nos pés.
David Mella
David Mella foi citado pola Selección Española Sub-20 para dous encontros amigables con Francia previos ao Mundial Sub-20 de Brasil, que se xogará a finais de setembro e comezos de outubro, polo que pinta que irá convocado o cal o afastará do equipo durante aproximadamente mes e medio, (se chegan a final). Os amigables con Francia serán o 4 de setembro, 816:00 horas) e o 7 de setembro, (11:00).
Mohamed Bouldini
Na rolda de prensa que vos publicamos da presentación do dianteiro italianao Samuele Mulattieri, Fernando Soriano comentaba que Mohamed Bouldini, tiña chamadas de varios equipos que buscan un perfil de xogador coma o dél e que de que en base de si saía se podería traer outra peza para o ataque deportivista. O dianteiro marroquí do Dépor, sona con moita forza para irse o Granada, din os “mentideiros” deportivos que con con opción de compra, non obrigatoria.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”