BREVES DO DEPOR : “BORJA GRANERO DEIXA O EQUIPO, RETU AS PORTAS DE SAIDA E LEBEDENKO AS PORTAS DE ENTRADA. PARTE MÉDICO DE RUBÉN DÍAZ.

Granero pasou sen pena nen groria polo Depor.

 

Borja Granero di adeus

O central Borja Granero, que chegara no 2020 tralo descenso a 2ª B, e non acabou nunca de coller sitio no equipo, ou por decisión técnica, ou polas lesións. Esta tempada ainda nin se estreou, debido a lesión que arrastrou dende a pretempada. Aos seus 32 anos, acababa contrato o vindeiro 30 de Xuño, e ao parecer o seu destino podería ser o Castelón. O clube despideuse do xogador agradecéndolle os seus servizos, e o desexo de sorte no seu próximo destino, ao que nos unimos. 

Retu nas portas de saida

O lateral esquerdo Retuerta, “Retu”, podería ser o seguinte en ser desenrolado, pero neste caso sería cesión. Os mentideiros futbolísticos, situan o xove lateral que chegou do Castilla, e parece incomprensible que chegase a ese equipo, e que non valga para ninguén, pois nin para Borja Jiménez, nin para Óscar Cano valeu, parece ser que ten o seu destino en Alicante, pois din os mentideiros que hai interese do Hércules en fichalo. 

 

Lebedenko podería ser o sustituto no lateral esquerdo

Tamén falan os mentideiros deportivos galegos, do interese polo lateral esquerdo do CD Lugo, o ukraino, Lebedenko. Xogador de 24 anos, que leva 4 tempada no equipo lucense, e que tras facer unha boa campaña con Rubén Albes, pero quedando no obstracismo esta tempada, tras unha lesión de hombreiro que o fixo perder o seu posto. O ukraino acaba contrato co clube lucense este vindeiro 30 de Xuño, e non aceptou a renovación no clube da capital lucense.

Rubén Díez lesión no aductor

Tal e como xa apuntábamos onte, Rubén Díez, tras pasar por rolda de prensa foise os adestramentos, e os poucos minutos tivo que abandoar o terreo de xogo, por unhas molestias nos acdutores. Hoxe e tras facerlle as probas pertinentes o clube anunciou o parte médico do xogador : 

As probas ás que foi sometido Rubén Díez confirmaron aos Servizos Médicos do Real Club Deportivo que dirixe o doutor Carlos Lariño que o atacante deportivista sofre unha lesión na musculatura aductora dereita. Así pois, o futbolista branquiazul estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia. En canto a súa evolución permítao, Rubén comezará a fase de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo”.

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia