BREVES DA COSTA : “GUELI COTELO CAMBIA DE POSTO NO BERGANTIÑOS FEMININO…NÉSTOR NON SEGUIRÁ NA ESTEIRANA…COMIDA 50º ANIVERSARIO DO UD CORCUBIÓN…

 

Gueli Cotelo deixa o posto de adestrador do Bergantiños Feminino

Infórmannos dende o departamento de prensa do Bergantiños FC que Gueli Cotelo deixa de ser adestrador do primeiro equipo do Bergantiños feminino e asume a coordinación de toda a estrutura feminina. Tras oito anos no cargo e varios éxitos de renome como tres copas dá costa e dous ascensos, o último e recente a categoría nacional, Gueli deixa o banco libre e dedicará todo o seu esforzo e dedicación ás xogadoras e familias de categorías inferiores onde xa hai máis de 80 licenzas federativas e espérase chegar ás 100 tras a futura creación do infantil feminino. Ademais, Gueli xa se reuniu con varias xogadoras e familias da zona para explicar o proxecto e a seriedade e compromiso coas que se vai a levar a cabo.

Por tanto, o banco do sénior A que debuta en Terceira Federación espera xa a un novo adestrador ou adestradora para unha tempada que promete ser moi divertida e emocionante.

 

Nestor non seguirá na Esteirana

A SCDR Esteirana ven de anunciar que Néstor non seguirá como adestrador do equipo senior, que por segundo ano consecutivo xogará na 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago. O de Esteiro agradécenlle publicamente a Néstor o traballo feito na plantilla.

 

 

 

A UD Corcubión terá a comida do 50º aniversario o 13 de Xullo

A UD Corcubión dentro dos actos que leva polo seu 50º aniversario, orgañiza para o vindeiro 13 de Xullo un xantar no Campo de San Roque, (Corcubión), cun menú a base de polbo a feira, carne o caldeiro, bebida, torta de Santiago e café, por un prezo de 35 euros para adultos e de 15 para menores de 10 anos. Os interesados en participar deste xantar que elaborará unha pulpeira de Melide, poden reservar no 600 54 42 44.

 

AVISO

No apartado de fichaxes e baixas dos equipos só iremos poñendo os que nos cheguen por medio dos nosos contactos, (email, tlf e whatsapp). Para que non se pense que poñemos uns si e outros non, pois é imposible que nos enteremos de todos.

-Foto : Bergantiños FC

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies