BRAIS VÁZQUEZ E DAVID CARREIRA METAS LESIONADOS DE GRAVIDADE ESTA FIN DE SEMANA NO FÚTBOL DA COSTA

David Carreira cae na xogada do choque con Miguel Riveiro.

 

Esta fin de semana nas ligas costeiras tivemos dous metas que sufriron sendas lesións de diferente índole e gravidade. Namentras que o meta do CF Castrelo, David Carreira sufría un golpe nun choque fortísimo antre él e o dianteiro do SD Camelle, Miguel Riveiro, do que él saía peor parado e abandoaba o terreo de xogo cunha forte coxeira , e en principio sufreu unha escordadura de xeonllo e de nocello.

Por outra banda o meta do SD Ponteceso Brais Vázquez sufría un forte golpe no peito nun choque na disputa dun balón. O primeiro a cousa parecía que era só un golpe, pero tras ser recoñecido no Hospital da Xunqueira ao que se desprazou ao non desisrtir a dor no peito, era intervido de urxencia e permanece hospitalizado recuperándoso do post-operatorio.

O noso desexo dunha pronta recuperación para ambos e que pronto estén de novo cos seus compañeiros no terreo de xogo.

 

-Foto e texto : Xosé Búa-piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.