Brais Sanchez Cancela, do CDM Piraguismo Dumbría, gaña en Mondariz a primeira proba da Copa Galega de Slalom 2022.

Brais Sanchez Cancela gaña en Mondariz a primeira proba da Copa Galega de
Slalom 2022.

Disputouse este pasado fin de semán na vila pontevedresa de Mondariz a proba inaugural da Copa Galega de Slalom 2022. A ela acudía o CDM Piraguismo Dumbría con numerosas baixas debidas á pandemia que tan fortemente está asolando a nosa comarca.

A pesar delo, os representantes costeiros fixeron unha boa competición, destacando a victoria no C1 Cadete de Brais Sánchez Cancela tras gañar tanto a manga de clasificación coma a final.

 

Sara Fernandez en acción.

 

En canto o resto da representación costeira, os irmáns Martín e Sara Fernandez Romar no K1 cadete, so foron quen de alcanzar o cuarto posto, quedando forora do podium ambolos dous por apenas un segundo.

Do resto da representación do Piragüismo Dumbría, Marco Oreiro no C1 Senior e Xesus Pena Cundíns foron quenes de alcanzaron a final, aínda que sin sorte no resultado final.

Tamén debutaba en competición Mariña Suárez que tras un moi bó inicio de manga pagou a novatada e non foi quen de meterse nas finais.

-Foto e Texto : CDM Piraguismo Dumbría