BRAIS SÁNCHEZ, CAMPIÓN GALEGO EN C1 CADETE, E SUBCAMPIÓN EN K1.

O podium con Brais no caixón número 1.

 

Brais Sanchez Cancela Campion Galego en C1 Cadete. O de Xestosa tamén logrou o Subcampeonato na modalidade K1.

O deportista do CDM Piragüismo Dumbría, Bráis Sánchez Cancela, logrou proclamarse Campión Galego Cadete na Campionato celebrado na vila pontevedresa de Arbo, nun tramo do río Miño de altísima dificultade o que provocou que a maioría dos participantes no foran quen de pasar o peche e conctrol, como lle pasou ós outro representantes do clube, Martín Fernández Romar ou a Marco Antonio Oreiro Caamaño, quenes a pesar de completar todo o percorrido, non o fixeron no tempo mínimo para poder meterse nas finais.

 

Brais en acción en Arbo.

 

O de Xestosa que permanece becado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de
Pontevedra logrou sin embargo colarse nas dúas finais das modalidades que partipaba, logrando ser finalmente Campión Galego en Canoa, e subcampeón en Kayak.

Pola súa banda, os infantís Xesus Pena Cundíns e Sara Fernández Romar fixeron moi boas mangas cada un deles, participando ambos nas Finais reservadas ós infantís aínda que non fose esta proba puntuable para os seus campeonatos. Sara Fernández Romar logrou facerse coa victoria da proba na súa categoría, sendo Xesús Pena Cundíns segundo clasificado na categoria Infantíl Masculina.

O CDM Piragüismo Dumbría xa ten preparado o seu viaxe á vila murciana de Calasparra, onde o a entidade costeira participará na Copa de España de Jovenes Promesas de Slalom.

Aproveitamos tamén a nota para animar a tódolos pequenos que queiran descubrir o Slalom de Augas Bravas a que o fagan acudindo os lugares habituais de entreno do clube en Mazaricos, Vimianzo e Dumbría ou pondose en contacto co clube chamando o 629 126 623.

 

-Fotos :  Norbert Aguilera

-Texto : CDM Piragüismo Dumbría


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies