Brais Mouzo liderou o ano pasado a zaga do Muxía CF.
O vimiancés Brais Mouzo tras duas boas tempadas no Muxía CF da Liga da Costa, en especial a do ano pasado na que mandou na zaga co “kaiser mariñeiro”, Michael, volta ao SD Soneira da 1ª Galicia G2.
O talentoso central vimiencés volve a sua terra para reforzar a un SD Soneira que ainda que esta semana sufría a segunda derrota da tempada, vai como lider con paso firme con 9 encontros gañados, 1 empatado e os dous que decíamos perdidos. Con todo eso Brais chega para reforzar unha zaga que está a recibir demasiados goles, 21 en 12 encontros ocupando a posición 14ª nese eido, uns números que se ven maquillados coa capacidade goleadora dos da “Terra dos Moscoso”, con 32 goles a favor, líderes na táboa de equipo máis goleador.
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.