BRAIS E MARTÍN DO CDM PIRAGÜISMO DUMBRÍA ROZARON AS FINAIS EN SORT.

Brais nun intre da proba.

 

Brais Sánchez Cancela e Martín Fernández Romar rozan as finais en Sort.

Diputouse este pasado fin de semán na vila pirenaica de Sort a segunda proba da Copa de
España de Jóvenes Promesas de Slalom, onde o CDM Piragüismo Dumbría acudíu con dous
deportistas que competían nas dúas modalidades, tanto en Kayak coma en Canoa.

E a cousa non arrancaba mal na xornada do sábado no Campo de Slalom de L´aiguarola, no río Noguera Pallaresa, onde os xoves deportistas costeiros lograban tres pases as rondas de semifinais sen pasar polá repesca, coa única excepción de Brais Sánchez en C1 debido a un erro entrando nunha porta, pero que subsanou na ronda de repesca, e co que o CDM Piragüismo Dumbría lograba o pleno para a xornada do domingo.

 

Martín facendo un escorzo para salvar as pezas.

 

As cousas xa non rodaron tan ben o domingo. Pasaban as finais os cinco mellores e os
deportistas do CDM Piragüismo Dumbría acadaron sendos sextos postos. En C1 Brais foi o sexto
mentras que a Martín se lle enchía o barco de auga perdendo calquera opcion de facer unha bóa
manga. No K1 Matín Fernández que partía co cuarto mellor tempo en preliminares erraba na
última porta, co que perdia un tempo precioso que o deixaba as portas da final. Brais Sánchez a
pesar de facer unha boa manga, non pasou do octavo posto.

A vindeira proba do CDM Piragüiso Dumbría son os Campionatos de España de Slalom, que terán
lugar na Canle Olímpica de La Seu d´Urgell, escenario que acolle este ano os Campionatos do
Mundo que otorgan as plazas para acudir os Xogos Olimpicos de Tokio do vindeiro ano.

-Unha información xentileza de CDM Piragüismo Dumbría-

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es