Borja Valle falou en rolda de prensa sobre o equipo e o entorno.

Borja Valle : Queda un mundo. Unha Liga de 11 partidos e hai que ser os mellores nesa Liga

Rolda de prensa de Borja Valle, na que falou durante un cuarto de hora maiormente do “colapso mental” que vive o equipo e para o cal a sua receita é o “traballo diario”, tamén  falou do cariño que lle ten o Real Oviedo, proximo rival coruñés o vindeiro Domingo a partires das 18:00 horas, (17:00 GMT), nun choque no que se desprazarán máis de 2.100 deportivistas a animar o equipo. Borja, un dos “top 5” o falar sobre os problemas e virtudes do equipo, tamén se congratulou da volta de Carlos Fernández, que esta semana xa adestrará co grupo, como xa o fixo a mediados da pasada semana. Tamén contestou a pregunta da relación co adestrador Natxo González : Faremos todo o posible porque siga connosco, apoiámolo cento por cento. Confiamos no seu criterio, a súa palabra e a súa forma de facer as cousas.

ROLDA DE PRENSA DE : BORJA VALLE

(Por : rcdeportivo.com)

Borja Valle lembrou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que “hai moitísima vida, hai moitísimas posibilidades e hai que crer até o último día”.

O dianteiro berciano defínese como unha persoa “moi positiva. Se pensamos en negativo non vai ser bo. Custounos moito chegar onde estamos”.

Lembra que “non foi unha temporada fácil no inicio porque houbo moito cambio. Hai que pensar en positivo. Hai que pensar que estamos aínda con moitísimas opcións, que estamos vivos, que somos o Deportivo e que queda moito aínda”.

Nesta liña, sostén que “ás veces hai que mirar a situación dos demais para darte conta de que non estás tan mal. Isto é moi complicado. Nin o primeiro vai gañar todo nin o último vaino a perder. Estás a 5 puntos dun ascenso directo, do soño desta temporada. Calquera equipo perde con calquera equipo. Tes posibilidades sempre”.

A fórmula para recuperar as sensacións da primeira volta pasa, segundo Borja, “polo día a día. Aí é onde colles as boas sensacións, onde colles as boas dinámicas, onde volves coller esa confianza que ao final nos falta. O adestramento é súper importante. Como se adestra compítese. É a base principal deste Deportivo”.

Por conseguinte solicita “seguir adestrando ben, tentar coller boas sensacións durante a semana, no día a día, Darlle moita importancia a cada adestramento, cada posesión, a cada finalización para chegar ao Tartiere con boas sensacións; e esquecer esta fochanca, esta mala serie que todos ansiamos que pase xa”.

Admite iso si preocupación “porque temos un obxectivo marcado desde o principio de ano. E ves que cando as cousas non acaban de saír tes certa preocupación. Pero a xusta, sen volverse tolos porque ao final non nos vai a beneficiar. Aínda quedan 11 partidos, unha liga de 11 partidos. E hai que tentar ser os mellores nesa liga”.

Non está de acordo en que o equipo sufra un bloqueo mental: “Penso que hai estados de ánimo e estados de forma. Empezando a temporada sempre falamos de que hai momentos bos e momentos malos. E vai habelos. Ninguén está preparado para un momento malo. Sempre buscamos un motivo. Non é un bloqueo, creo que é un estado de forma, un estado de ánimo”.

Recoñece que este partido no Carlos Tartiere este domingo 31 de marzo (18:00 horas, Movistar Partidazo) é “a xornada máis especial. Volvo á miña casa, onde máis a gusto estiven en toda a miña carreira. É o sitio onde máis gocei porque conseguín cousas súper importantes para min e para o Club. Facía moitísimos anos que non conseguía volver ao fútbol profesional e eu sentirme partícipe diso o teño gravado”.

Advirte que o rival e o campo “son moi complicados. Ten unha dinámica moi positiva. Deixou boas sensacións esta fin de semana tamén”. “Sei o que é representar ese escudo (en alusión ao Real Oviedo). Vén de perder co Sporting e o mellor medicamento que teñen alí, como a que temos aquí é afrontar o partido seguinte con moita ilusión. Coñezo ese estadio e sei que os arroupan, que empuxan, que apertan. Destacaría deles o seu compromiso e a súa intensidade. Son xogadores que non paran os 90 minutos de correr, de meter a perna. E son moi intensos. Temos que estar mínimo como eles porque se non vai ser un partido moito máis complicado”, engade o atacante deportivista.

Preguntado por Natxo González, Borja asegura que está “moi enchufado connosco. Temos toda a confianza nel. Desde o primeiro día inculcounos unha formación, meteunos na cabeza unha serie de movementos. Confiamos nel ao 100 por 100 até o día de hoxe e así vai ser até o último día”.

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-

Attachment

Leave a Comment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies