BORJA VALLE DESPÍDESE DO DÍNAMO DE BUCAREST TRAS 3 MESES SEN COBRAR E MOITAS COUSAS MÁIS.

 

Borja Valle ex deportivista como xogador, pero que demostrou e demostra que o segue a ser de corazón, anuncia que deixa o Dinamo de Bucarest.

Non hai moito publicábamosvos un tremendo golazo dende o medio do campo que marcaba o xogador ponferradino, e todo auguraba un futuro prometedor na sua nova andaina, pero o paso do tempo foi escurecendo o panorama como as treboadas do ver´na, cando se pasa do sol os tronos e relámpagos nun chisco.

Promesas e máis promesas, que co paso dos días se foron converindo en mentiras e mentiras, ilusión que se foi trasnsformando en decepción, ledicia que se foi convertindo en tristura, e aspiracións que se convertiron en despedida. Isa foi a historia, tanto de Borja Valle, coma a do resto de compañeiros, (varios españois), que chegaron ao Dinamo de Bucarets e que teñen que irse sen cobrar e cunha récula de despropósitos, dunha xestión chega de mentiras e compromisos incumpridos, que auguran un futuro treboento para un clube histórico do fútbol rumano e por conseguinte europeo.

A nova da despedida de Borja Valle do equipo da capital rumana foi contestado nas redes sociais con numerosas peticións ao xogador ponferradino de que voltase ao Depor para dende a 2ª B voltar a crecer de novo. 

Mensaxes coma : “Vuelve a casa Borja!! Bájate a la 2ªB y crezcamos juntos de nuevo”…”Borjita, vuelve hombre!! Te queremos!!”…”Vente a casa, una bajada para coger impulso. Sabes que aquí se te aprecia en lo que vales. Anímate”…”En Coruña tienes sitio”…”Temporada perdida???. Borja vente estos meses que restan al Depor”…”Vuelve al Depor, subimos a segunda, y a tope”…etc.

Dende piratasdemuxia.es e a nosa peña “Os Piratas de Muxía”, tamén nos unimos aos ánimos a Borja Valle e o noso desexo de que volte ao RC Deportivo, lugar no que sempre será, querido e ben recibido e de seguro que sería unha peza moi importante no obxetivo da volta, vía deportiva, ao fútbol profesiónal.

-Foto e Texto : Borja Valle/piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies