BORJA JIMÉNEZ TEN CRARO O EQUIPO QUE QUER E OS MOVEMENTOS A SEGUIR PARA ACADALO.

 

Borja Jiménez deixou craro na sua comparecenza este pasado luns a sua folla de ruta, tal e como vos contamos no resumo da rolda de prensa de máis de 47 minutos que podedes recuperar neste enlace e ver o vídeo do que dixo.

O novo adestrador deportivista que se amosou coma un neno con zapatos novos, amosando toda a comparecenza, (moi distendida), un sorriso de orella a orella e ata dixo que : “Quito a mascarilla para que vexades o sorriso que teño de estar aquí”.

Sorprendeu o clube coas rápidas incorporacións de Menudo e Aguirre, (ambos o ano pasado no CD Numancia), Ian Mackay, (chegdo do Sabadelle e elixido mellor porteiro da 2ª) e Alberto Quiles, (chegado do Recreativo de Huelva e goleador en crara evolución con 13 goles a pasada campaña en 26 choques).

Sen dúbida sobre o papel estes catro xogadores melloran a moitos dos que se foron, ou continúan a espera de sair.

Borja, que afirmou que segue de preto e participa en tódolos movementos da secretaría técnica,  foi craro no que quer, e que hai que ter pacienza, porque o mercado está moi parado e os xogadores apetecibles a espera de “cantos de serea” doutras categorías : “O idílico para un adestrador é que o día que comece a pretemporada estean todos os xogadores que vaian estar, pero non creo que vaia ser posible. Nas últimas semanas o mercado ofréceche cousas que agora son impensables. Agora chamas a xogadores e dinche que só valoran equipos de Segunda A ou equipos de playoff. E é probable que en agosto che pidan vir. Entón hai que ter paciencia e sobre todo elixir ben. Non hai que precipitarse, ter calma”.

Quer xente que veña con “fame”, con gañas de estar connosco e que se involucre dende o minuto 1 e quer crear : “Un equipo co cal o afeccionado séntase orgulloso e identificado; que cada vez que o afeccionado vaia a Riazor independentemente do resultado, que imos tentar que sexa sempre gañar, o equipo sexa moi reconocible. É o que imos buscar desde o principio e xa coas fichaxes: xente con fame, imos querer un equipo moi valente, atrevido, divertido e sobre todo tentar ser dominadores, ter o maior tempo posible a pelota, saber utilizala ben, ser profundos… Estamos a traballar nun cadro que sexa versátil tamén para que nos podamos adaptar aos diferentes contextos ou os diferentes partidos que poidan existir”.

Luis Fernández , ex deportivista que está a trunfar en Grecia, e que a piques estivo de vir o pasado ano, é moi amigo do novo adestrador deportivista, segundo este mesmo falou con él e : “Ten moitas gañas de voltar o Depor pero nestes intres e moi difícil”, facendo mención a o seu bo intre e o bo “catche” que ten.

Seguen sonando xogadores pero agora a clave e dar saida aos qie non interesan polo rendemento que deron ou polo que cobran. Tamén podería haber algunha sorpresa e algún xogador que parece craro que deixará o equipo, prefira quedar e facer un esforzo económico ambas partes, (clube e xogador).

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia