BORJA JIMÉNEZ NON CHEGOU OS 50…

 

Borja Jiménez amosábase nas derradeiras tres roldas de prensa, moi inquedo, a defensiva, gris…reseso.

Os síntomas do seu falar e das suas contestacións deixaban entrever que algo estaba cheirando o chamusco, e así foi. Todos pensábamos que o Depor-Linares dictaría sentenza, pero non foi así, e hoxe chegaba a nova dende o RC Deportivo, que non continuaba dirixindo o Depo, e tampouco o seu segundo Álex Martínez.

Foron 49 encontros como adestrador deportivista, non chegou aos 50…a ese encontro da vindeira semana ante o segundo da liga en Riazor, do vindeiro Domingo ás 19:00 horas, (17:00 GMT).

Queda na memoria a gran primeira volta do ano pasado, e a decepcionante segunda, que tivo como colofón o derradeiro encontro do Play-Off, no que foi él o que se equivocou no plantexamento e tirou por terra toda unha tempada, e unha ilusión.

Non hai disculpa ao mal xogo deste inicio de campaña do equipo, e cando a esto sumamos os malos e sufridos resultados, ante equipos moi inferiores, a corda tiña que escabezar a forza. Se a esto unimos o non ter boa prensa, con certo ramal que se quer postular como deportivista, e que a afección, (maioritarioamente), deportivista, destesta, (por usar un adxetivo “light”)…non tes nada que facer.

Fálase de Óscar Cano como sustituto. Ex adestrador do Badajóz, que a priori para calquer deportivista, non di nada. Destituido dun equipo que non fixo nada, e que non ten atractivo deportivo ningún, que se despois ven e trunfa…Ole!!!…Pero sobre a mesa, é un “nibguén”, (con respecto e sobre o papel), mellor antes ca eso darlle opcións aos nosos, Óscar Gilsanz, ou Manuel Pablo…Ou mesmamente Paco Jémez, que andaba estes días pola Coruña, e que ten sentimento de seu, e xa se ofreceu no pasado recente.

Agora cabe esperar que durante esta tarde haxa novo inquilino no banco deportivista, e que sexa amleoor opción, que levante a un equipo con moitos máis mimbres que os que se están a ver.

 

Desexámoslle toda a sorte do mundo a Borja Jiménez, que dou todo o que puido e menos do que desexaba ao noso clube, e que ata hoxe foi un dos nosos, e que de seguro que o seguirá sendo.

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia