BORJA JIMÉNEZ DEU ROLDA DE PRENSA COMO SE SE XOGASE O ENCONTRO TRALA INCOMPARECENZA DO UD EXTREMADURA.

 

O colexiado canario trala incomparecenza do UD Extremadura redactou en acta que : “Suspendeuse o partido o día 14/11/2021 ás 12:31, motivado por (Incomparecencia equipo visitante) : Acudido o equipo arbitral coa antelación estipulada, e transcorrendo trinta minutos sobre a hora oficial do partido (12:00 horas) sen que se acudiu ningún membro do club Extremadura UD ás instalacións deportivas, decido dar por suspendido o encontro”.

O Comité de Competición da Real Federación Española de Fútbol terá que ditaminar ao longo da próxima semana dar o partido por ganado ao Depor (3-0) por incomparecencia en aplicación do Regulamento.

O adestrador deportivista Borja Jiménez pasou por rolda de prensa, como se se xogase o encontro e o primeiro que fixo unha vez máis foi solidarizarse cos xogadores do clube extremeño e confesou ter “unha sensación estraña. O único que podo facer é solidarizarme coa situación que están a vivir eles. Tentamos respectar ao máximo e dignificar a competición o máximo posible. Estivemos aquí como un día máis, non puidemos xogar e xa está. É unha situación que non é fácil para nós. Porme en situación do que está a pasar a xente do Extremadura. Móstrolles o meu apoio desde aquí”.

Explica Borja Jiménez que, co cadro ao completo en Riazor, “imos aproveitar para facer algo que se poida asemellar ao que é un partido de competición. Agora facer día de descanso con normalidade e enganchar unha semana normal para competir o domingo en Majadahonda, que é un partido moi complicado. Dentro de que é unha situación anómala, tentar darlle a maior normalidade posible”.

Nesta liña, lembra que “tentamos que a semana fose o máis normal posible. Desde a distancia empatizar o máximo posible cuns compañeiros de profesión. É unha situación que se nos escapa das mans”.

Tampouco quixo opinar sobre se este parón inesperado para o Deportivo pode prexudicar á marcha do equipo: “En función do resultado do domingo (en Majadahonda) diremos se nos veu mellor ou peor. Se gañamos diremos que nos veu ben e se perdemos haberá xente que pense que nos veu mal. Non puidemos competir hoxe, que é unha faena. E xa está. A pensar no seguinte obxectivo, mirar a clasificación… É a circunstancia que nos atopamos hoxe e hai que soportala”.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia/RC Deportivo

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies