BORJA JIMÉNEZ CONVOCA A 22 XOGADORES PARA O “LXXVI TROFEO TERESA HERRERA”.

 

Borja Jiménez convocou a 22 xogadores para a disputa esta tarde en Riazor do Trofeo “Teresa Herrera”, no que o Depor medirase ao SD Ponferradina, que cando descendemos a 2ª B, librouse polo golaveraxe con respecto a nís, e que o ano pasado acadou un cómodo 9º posto na clasificación.

Para o choque que comezará ás 20:30 horas, televisado pola canle de YouTube do RC Deportivo, é novidade na lista Juan Carlos Menudo, que no anterior choque non xogou por molestias musculares. Repiten os canteiráns, Alberto, Trilli, Yeremay e Noel, e cáese por lesión nos isquiotibiales, Juergen Elitim. Tamén seguen en recuperación de lesións : Valín, Alberto Benito, e Pablo Brea. Seguen sen aparecer, con permiso do clube : Uche, Rolan e Fede Cartabia.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies