BORJA JIMÉNEZ CONTINUARÁ NO RC DEPORTIVO.

 

O silencio do RC Deportivo trala decepción do Play-Off deu en que todo era unha estratexia de enfriamento da afección, a pesares dos ataques groseros dun medio de comunicación contra o adestrador, inventando sabe Deus que…para tratar de tumbalo, despois de que durante a tempada os tratase de mentereiros, dicindo punto por punto no que mentiran.

Borja Jiménez fixo unha primeira metade da liga espectacular, pero logo, non soubo levantar a tempo o bache do equipo nos comezos da segunda, e errou estrepitosamente no encontro final polo ascenso.

Fusco e lusco que fixo que se gañase a animadversión de grande parte da afección. A sua aposta esaxerada por Miku, nun estado de forma moi baixo no derradeiro treito de liga, foi outra das críticas máximas que sufreu, así como a falla de confianza nos canteiráns, que xogaron a contagotas, cando o mereceron máis ca outros titularísimos.

O clueb aposta por él, aposta pola continuidade, por non seguir co dos derradeiros anos, de trocar cada dous por tres de inquilino do banco. Aceptable a decisión, e o noso desexo de que Borja lime erros e que aposte máis polos que valen, sen mirar nen a idade, nen o que fixeron antes, senón durante.

-Foto : RC Deportivo

-Texto . piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies