BORJA JIMÉNEZ CONTA CON TODO O PLANTEL DISPOÑIBLE, AGÁS CON ALBERTO BENITO QUE RESCINDEU E FICHOU POLA CULTURAL LEONESA.

 

Coa avalancha de casos de COVID-19, en todos os equipos do fútbol español en todas as categorías, que mesmo obrigaron a aprazar por exemplo a xornada enteira desta fin de semana no grupo galego de 3ª RFEF, Borja Jiménez tivo esta mañá a todo o seu cadro sobre o céspede, na sesión diaria de traballo en Abegondo.

Así pois, a día de hoxe, ainda que pareza extrano, todos os futbolistas do primeiro cadro están aptos para competir este Domingo 9 de Xaneiro en Riazor, ante o CF Talavera, a partires das 12:00 horas, (11:00 GMT), televisado por Footters, e para o que están a venda entradas. Haberá reducción de aforo ao 75%, polo que sairán a venda en torno a 2.000 entradas. Este é o primeiro partido do 2022, penúltimo da primeira volta da competición. 

 

Alberto Benito rescinde e ficha pola Cultural

Así informaba o RC Deportivo da rescisión de Alberto Benito, confirmando que : “non continuará xogando no RC Deportivo. Desde a súa chegada ao Club no mercado de verán desta temporada, Alberto defendeu a camiseta do Dépor en 2 partidos e un total de 115 minutos. O RC Deportivo quere agradecer a Alberto Benito o seu traballo nesta etapa como branquiazul, desexándolle os maiores éxitos nos seus próximos proxectos profesionais”.

Pouco despois a Cultural y Deportiva Leonesa informaba da fichaxe do lateral dereito ex deportivista, que no clube branquiazul tan só xogou en 2 encontros de liga e 1 de Copa, cun total de 150 minutos.

O noso desexo de que todo lle vaia do milloriño, excepto contra nós e os nosos intereses.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies