BORJA GRANERO DESPÍDESE DO DEPORTIVISMO E XA É XOGADOR DO CASTELLÓN, NAMENTRAS QUE NO HÉRCULES DAN POR FEITA A CESIÓN DE RETU.

Borja Granero ficha polo Castellón.

 

Borja Granero deixaba no día de onte o RC Deportivo, tal como vos aputábamos dende a nosa web, e Retu sonaba para o Hércules de Alicante.

O central deportivista, que pasou polo equipo sen pena nen groria, en gran medida polas contínuas lesións, despedíase onte por medio das redes sociais, agradecido ao clube e ao deportivismo, cun : “Un enorme placer y una pasada”, as sua vivencias no noso clube. Granero tamén decía na sua despedida : “Mi familia y yo estamos muy agradecidos por todo. Muchísimas gracias y ojalá vaya de 10 al final de temporada, deportivistas. Con todo mi respeto y admiración, os quiere Tety”.

Hoxe mesmo o CD Castellón anunciou a sua fichaxe. O noso desexo de que lle vaia do milloriño, pois a pesares de xogar pouco, foi un membro da plantilla que nunca deu un só problema, nen unha mala palabra, dito polos seus propios compañeiros, e que se vai buscando mellorar no deportivo, pois aquí ads portas pecháronselle como dixemos, en grande medida polas lesións, e en moitos caos, como se deron, coma por exemplo esta tempada, que xa non fixo poretempada, e quedou a cola das opcións a saltar o campo cando se recuperou.

En Alicante dan por feito o pase de Retu

Para aquí non lle valeu a Borja Jiménez nen a Óscar Cano, e ata a un sector da afección, que o sacrificou xa no Teresa Herrera, e xa podía facelo as mil marabillas que lle caeu o San Benito, e xa non rexurdeu. Como chegou a xogar no Castilla, se é tan malo como se leeu o que vai de tempada nas redes sociais?. 

A prensa alicantina xa da por feita a cesión e apuntan que o xogador chegaría esta mesma fin de semana, para ser presentado o vindeiro luns, e comezar o traballo cos seus novos compañeiros.

Pola sua banda o RC Deportivo ultima a fichaxe do lateral esquerdo do CD Lugo, Lebedenko, tal e como xa vos adiantábamos. Esperase a sua incorporación durante o día de hoxe, ou a máis tardar nesta fin de semana, xa que os prazos do mercado de fichaxes vanse esgotando e fai falla a incorporación dun lateral esquerdo de garantías con premura, ca baixa de Raúl Carnero e o trato a Retu.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia