BORJA GALÁN EN ROLDA DE PRENSA : “TEMOS QUE LOITAR POLO ASCENSO, O OBXETIVO E CRARO”.

 

Borja Galán pasouse pola sala de prensa esta mañá de Abegondo.

O atacante deportivista cre que o obxectivo do Deportivo, a poucas horas do inicio de LaLiga SmartBank ante o Real Oviedo (domingo 18 de agosto ás 18:00 horas), é “indubidable. Temos que pelexar polo ascenso. Somos o Deportivo e o obxectivo é claro”.

Nesta liña, ve ao equipo capacitado para pelexar nas primeiras prazas: “Somos bos xogadores. Somos conscientes que saíron grandes xogadores, chegaron bos xogadores. Non sei se chegarán máis. Somos o Deportivo e temos xogadores para iso”.

Confesa que está “con ganas de que chegue o domingo, de xogar e de estar xa en ABANCA-RIAZOR”.

Apunta que o Deportivo “chega bastante ben. As sensacións son boas tanto fisicamente como a nivel de xogo, sobre todo no último partido co Betis. Desexando trasladalo á competición oficial, real, que é a que che vai a marcar se estás ben ou non”.

Recoñece que o choque ante o Real Oviedo “é especial” para Juan Antonio Anquela: “Contra o seu ex equipo. Xa sabemos como temos que xogar, como supomos van xogar eles. Quedan un par de días para axustar”.

Borja Galán pide cautela despois de derrotar ao Real Betis no Trofeo Teresa Herrera, no último test do verán: “Fixemos un bo partido pero hai que collelo con pinzas. Non hai que pensar que somos o leite por gañar ese partido. Hai que ir con calma, tomalo como é. Contentos de que saíse un bo partido pero sacando as conclusións xustas. Non deixa de ser un trofeo amigable. O Betis seguro que en liga vai estar máis motivado do que estivo nese partido. Contento porque o partido foi ben, porque tivemos boas sensacións, pero con calma e cautela”.

A nivel persoal, encara a temporada “moi contento. Atópome ben. Estou a contar coa confianza do míster, con minutos. Estou a atoparme ben. Desexando que siga así nos partidos de verdade, que son os que importan”.

-Resumo de rcdeportivo.com-

Abaixo na portada da web tes os noso “Vídeos Recomendados” nos que podes ver ao completo a rolda de prensa do xogador e tódolos vídeos que sube o Deportivo.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies