Se xa son moitos os lesionados que ten Fernando Vázquez con Derik e Bóveda adestrando antre o readaptador e o grupo. Keko, Héctor, Borja Granero, Claudio Beauvue e Miku, adestraron no ximnasio e no céspede, e Gandoy e Adri Castro de baixa por COVID-19, hoxetiña que abandoar o adestramento Borja Galán, con molestias no bíceps femoral, pendente de avaliación médica nas próximas horas.
Con estes contratempos o técnico deportivista chamou a adestrar co primeiro equipo a Manu Mosquera, Trilli, Guille Bueno, Iván Guerrero e Barba. Así coma o meta Pablo Brea e Juan Rodríguez, que xa adestraron co primeiro equipo onte luns, na volta o traballo para preparar a vista do Alavés o vindeiro mércores 6 de Xaneiro a partires das 19:00 horas, (18:00 GMT).
-Foto : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia