BORJA FACAL NON SEGUIRÁ NO BERGANTIÑOS FC TRAS UNHA RELACIÓN DE 13 ANOS DE DURACIÓN.

 

Deixa o Bergantiños FC un home de clube, un rapáz que se fixo home no clube carballés, ao que chegaba fai 21 anos, para xogar na base bergantiñista durante 5 tempadas, e logo retornar no 2009 e no 2014 para facelo no primeiro equipo e pouco a pouco irse metendo na coordinación e nas escolas de base.

O clube envíanos unha montaxe na que queda totalmente patente o cariño hacia Borja Facal, deixa o clube de Carballo, na posiblemente mellor tempada da sua historia en cáseque tódalas suas categorías, e informan de que se vai a : “afrontar novos retos profesionais e persoais”.

-Foto : Comunicación Bergantiños FC

-Texto : piratasdemuxia