Borja Facal e a Fran Garagarza nas Xornadas de Fútbol “On-Line” do Comité Galego de Adestradores da RFGF este vindeiro luns 3 de Maio,

 

 

O Comité Galego de Adestradores da RFGF continúa apostando pola formación e ofrecendo a todos/as os técnicos galegos relatorios de primeiro nivel. O técnico galego Borja Facal e o director deportivo da SD Eibar, Fran Garagarza, serán o 3 de maio os protagonistas da xornada do Comité de Adestradores

Así, o departamento que preside Iván Cancela non se detén e organiza este luns 3 de maio outra acción formativa dirixida a todos os adestradores/as adscritos ao Comité. Nesta ocasión, os protagonistas serán o ex futbolista e técnico galego, Borja Facal, e o director deportivo da SD Eibar, Fran Garagarza.

Borja Facal

Borja Facal é un dos homes fortes no Bergantiños FC. Nacido en Laxe en 1985, como futbolista vestiu as camisetas do Fabril, Murcia Imperial, Racing Club de Ferrol, SD Compostela e Bergantiños FC en dúas etapas. Colgou as botas na tempada 19/20 para dedicarse a unha das súas grandes paixóns: o banco.

Facal é actualmente o coordinador do Bergantiños FC e director do fútbol de canteira do club, ademais de coordinar a Escola de Tecnificación.

Cabe apuntar, ademais, que foi finalista no “I Certame de Promoción do Técnico Galego” que organizou o Comité Galego de Adestradores da RFGF. Este luns 3 de maio desembarcará nas xornadas telemáticas da RFGF co seu relatorio “Programa de Tecnificación”.

Fran Garagarza

Desde 2011 Fran Garagarza ocupa a dirección deportiva da SD Eibar. Só Monchi, 17 anos na súa primeira etapa no Sevilla, rastrexou o mercado para un mesmo club durante tanto tempo seguido.

Garagarza é un dos piares sobre o que se construíu o denominado modelo Eibar, explicado no servidor informático do club co que el e os seus colaboradores desenvolven as tarefas de detección.

Garagarza cumpre unha década no cargo. Colleu ao Eibar en Segunda B e logrou ascender de maneira consecutiva a Primeira. Converteuse nun dos directores deportivos con mellor valoración dentro do panorama nacional e foron varios os equipos que chamaron á porta nas últimas tempadas. 

Horarios e inscrición

A xornada formativa organizada polo Comité Galego de Adestradores da RFGF celebrarase a través da plataforma Zoom o próximo luns 3 de maio e arrincará ás 20 horas con Borja Facal como primeiro protagonista. Unha hora máis tarde será a quenda de Fran Garagarza, que comezará co seu relatorio ao fío das 21 horas.

Cómpre salientar que esta actividade está dirixida só aos colexiados ao Comité Galego de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF).

Así, todos/as os interesados/as en participar nesta xornada poden formalizar a súa inscrición da seguinte maneira:

  • Mediante a APP INTRANET RFGF

A Real Federación Galega de Fútbol xa conta coa súa propia APP Móbil. Será o espazo do adestrador e aí recibirás todas as notificacións do Comité e poderás descargar o teu carné de adestrador colexiado (con código QR). Engadiranse todas as funcionalidades que calquera adestrador necesita e que dispoñerá no seu propio teléfono móbil.

Deberás descargar na App Store INTRANET RFGF e activar as notificacións, xa que toda a información e inscricións a partir de agora serán a través desta canle.

  • Mediante a Intranet do Comité de Adestradores de de cada un dos colexiados.

-Foto e Texto : Comité Galego de Adestradores da RFGF

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies