BOMBAZO : DIMITE TODO O CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN DO RC DEPORTIVO E ARRASTRA A RUBÉN DE LA BARRERA CON ELES O CESALO.

 

O RC Deportivo anuncio ás 23:00 horas que dimitía todo o Consello de Administración e cesaban a Rubén de la Barrera, para facilitar a restructuración completa do clue. Ademáis convoca unha Asmblea para o 17 de Xullo, e afirman que ningún dos nomes que aparecen como posibles adestradores é certo.

Dende unha parte da afección pedíase a dimisión de todos, pois xa está, primeiro foron os da parte deportiva e agora a directiva, mágoa que se leven por diante a de La Barrera para non deixarlle ao adestrador a diretiva que entre. Non merece Rubén o que viveu fai dous anos no RC Deportivo, nen tampouco esto, cando él era o máis interesado de cambiara a política deportiva dentro do equipo.

COMUNICADO

“O presidente e todos os membros do Consello de Administración do RC Deportivo decidiron renunciar na tarde de hoxe. A decisión foi tomada para favorecer o proceso de reestruturación do Club de cara á nova temporada. Na súa última reunión, o Consello decidiu convocar unha Xunta de Accionistas para o día 17 de xullo na que se nomeará un novo Consello. Á fronte do Club estará David Villasuso Castaño, como apoderado xeral.

A reestruturación incluirá a área deportiva. O actual adestrador, Rubén de la Barrera, non dirixirá ao RC Deportivo a próxima temporada. O RC Deportivo quere desmentir que vaia a incorporar a ningún dos teóricos nomes que saíron repetidamente nos medios de comunicación como candidatos a dirixir a área deportiva. Nos próximos días tomarase a decisión definitiva.

O RC Deportivo agradece a dedicación ao Club tanto do Consello como do adestrador Rubén de la Barrera”.

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”/RC Deportivo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies