Non puido ser e os rapaces da Selección Galega Infantil quedaron apeados da final, ao perder con Baleares por 3-2, nun choque no que se adiantaron por medio de Mateo Domínguez e tras verse empatados, voltaron a adiantarse por medio de José Francisco Suárez. A segundos do final, os das illas conseguían empatar e forzar a prórroga, e cando todo apuntaba a que se iría os penaltis, conseguían o gol da vitoria.
Bo papel dos rapaces, antre os que estaba o xogador do Fisober FSF, Pablo Costa.
Galicia: Gabriel Díaz, José Francisco Suárez, Alvaro Riobo, Iker Paz, Mateo Domínguez, David Mosquera, Borja Cortegaza, Andrés Silva, Hugo Carballeria, Pablo Costa, Marco Cepeda e Manuel Garrido.
Goles: 0-1 Mateo Domínguez (1′). 1-1 Sergi Pérez (9′); 1-2 José Francisco Suárez (42′). 2-2 Andrés Soriano (44′). 3-2 Pau Canyelles (45′).
As rapazas si acadaron o pase a final
A pesares de derrotar nas semifinais a Madrid por 1-4, o encontro non lles foi nada doado as rapazas da Selección Galega Infantil. Dous goles de Sara Couso no treito final romperon un encontro tremendamente igualado.
O seu rival na final, que se xoga hoxe, é Cataluña, que derrotaba por un axustado 3-2 a Andalucía.
Galicia: Estela Fernández, Daniela Rodríguez, Andrea Dapia, Ángela Blanco, Emma Gandoy, Sara Couso, Candela Fernández, Lara Nieto, Lia Ayestarán, Nuria Pascual, Lola Muñoz e Anxela Fernández.
Goles: 1-0 Yara Ribeiro (13′). 1-1 Sara Couso (13′). 1-2 Sara Couso (14′). 1-3 Sara Couso (28′). 1-4 Sara Cosuo (29′).
-Fotos : RFGF
-Texto : piratasdemuxia
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR