BO PAPEL DO VIMIANZO TENIS DE MESA NO CAMPIONATO PROVINCIAL “XOGADE”.

Os rapaces do Vimainzo Tenis de mesa subcampións provinciais.

Ata 4 concellos da costa presentaron equipos no Campionoto Provincial de Tenis de Mesa “Xogade”, co de Vimianzo, Camariñas, Zas e Cee, sendo o vimiancés o que máis xogadores consigue clasifiacar para este campionato, no que presentaron 3 equipos das categorías de benxamín, alevín e infantil. Os tres equipos chegaron as finais e tiveron unha boa actuación a pesares de quedra todos as portas dos trofeos de campións.

Na xornada matinal disputouse a fase de grupos na que os 3 equipos de Vimianzo lograron pasar como primeiros dos seus respectivos grupos.

Xa na xornada da tarde disputáronse as eliminatorias, o equipo benxamin vimiancés derrotou nas semifinais o equipo do Concello de Cee por 3-0. O equipo alevín de Vimianzo derrotou nas semifinais o equipo do A.D. Zas por 4-1.E O equipo infantil tocoulle nas semifinais o equipo Santiagués d Conxo o que derrotou por 3-0. Xa nas Finais os 3 equipos caían derrotados polo idéntico resultado de  3-1.

Segundo nos comenta o seu adestrador Pablo Paz : “Clasificar 3 equipos para este torneo e difícil, e que os 3 cheguen as finais máis difícil ainda e o máis complicado e que os tres caían derrotados na final”.

-Foto : Paco Paz

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies