BIBI E DIEGO LOBELOS NON SEGUIRÁN NO MUROS E LIRA

 

Comeza o tempo de asembleas  e de socios, ceas de clube,  baixas e altas en diretivas e como non, tamén en xogadores e adestradores. 

As primeiras que nos chegan oficiais, (que non oficiosas, como algunha que temos pero sen concretar), son as baixas de David González “Bibi”  do CD Muros e a de Diego Lobelso do CF Lira, ambos equipos da Liga da Copsta, na que cuaxaron unha boa tempada acadando a permenenza de ambos equipo.

No caso de “Bibi”, pasa a historia do clube muradán como o adestrador da refundación do clube e que nunha soa tempada e sen que se contase con eles, ascenderon da 3ª da Costa a Liga da Costa.

Ambos clubes quixeron publicamente agradecerlle os técnicos o mellor e déronlles as gracias por todo o que fixeron nos clubes. Pola nosa parte desexarlles o mellor e que pronto os vexamos con novos proxectos, xa que son dous dos grandes colaboradores que temos na web e no caso de Lobelos xa foi primiado por nós co “Pirata de Honra” pola sua grande labor no fútbol base do CF Dumbría, ao que levou xunto con Óscar Leis aos seus maiores éxitos deportivos.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo mobil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es